Amaranto[1] (do grego ἀμάραντος, que non murcha; lat. Amarantus) é o nome común das especies do xénero Amaranthus, da familia das amarantáceas, a maioría delas plantas ruderais ou arvenses de flores verdosas, aínda que algunhas as teñen de cores variadas que lles dan unha certa vistosidade, polo que se cultivan nos xardíns. Reciben tamén os nomes galegos de beldro, herba pulgueira (non confundir coa especie Polygonum persicaria, chamada normalmente crista ou herba do galo) e herba pexegueira[2].
Existe algo de confusión sobre a súa exacta taxonomía, comprende 386 especies descritas e destas, só 103 son aceptadas.[3]
Os membros deste xénero comparten moitas características e usos cos membros do xénero Celosia, estreitamente emparentado.
O amaranto é moi resistente aos climas fríos e secos, incluso medra en solos pobres e húmidos en zonas moi tropicais e con choivas moi frecuentes (aprox. 980 mm). Ademais ten un alto nivel alimenticio, o que o fai unha excelente alternativa para rexións con dificultades para a sementeira doutro tipo de cereais.
China é un dos maiores produtores de amaranto. As follas desta planta son moi semellantes ás das espinacas. É tradicional o seu uso en receitas culinarias de Asia, América e África.
A especie Amaranthus retroflexus considérase especie invasora en Galiza (véxase: Flora invasora de Galicia).
Usábana xa os Incas e culturas anteriores. Na zona andina, a kiwicha ou Amaranthus caudatus aparece en tumbas de máis de catro mil anos de antigüidade, demostrándose a súa domesticación hai milenios.[4][5]
Unha teoría bastante popular afirma que a orixe da palabra Caracas provén do nome desta planta, o amaranto, tal cal o pronunciaban desde épocas prehispánicas os habitantes da zona coñecida polo mesmo nome: o val de Caracas. Eles chamaban a esta planta "caraca".
Unha especie da familia do amaranto é o huauzontle, de grande importancia no México prehispánico, e que sobrevive agora nun prato tradicional igualmente chamado huauzontles.
En México úsase o amaranto para fabricar atole e alegrías, que son sementes de amaranto rebentadas mesturadas con mel ou piloncillo (panela) para formar unha barra.
Igualmente, a variedade kiwicha é moi usada en países andinos (Perú, Bolivia etc) como un alimento básico, xunto a outros cereais da mesma familia tales como a quinoa e a kañiwa (ou cañihua: Chenopodium pallidicaule), altamente alimenticios.
Actualmente o amaranto inca ou kiwicha (Amaranthus caudatus) estase a converter nun problema para cultivos como a soia, por mor a que esta especie de amaranto é altamente resistente a herbicidas coma o glifosato; porén, o amaranto ten máis proteínas e vitaminas ca a soia.
O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 989–991 en 1753.[6] A especie tipo é: Amaranthus caudatus L.
amaranthus: nome xenérico que procede do grego amaranthos, que significa "flor que non murcha".[7]
Amaranto (do grego ἀμάραντος, que non murcha; lat. Amarantus) é o nome común das especies do xénero Amaranthus, da familia das amarantáceas, a maioría delas plantas ruderais ou arvenses de flores verdosas, aínda que algunhas as teñen de cores variadas que lles dan unha certa vistosidade, polo que se cultivan nos xardíns. Reciben tamén os nomes galegos de beldro, herba pulgueira (non confundir coa especie Polygonum persicaria, chamada normalmente crista ou herba do galo) e herba pexegueira.
Existe algo de confusión sobre a súa exacta taxonomía, comprende 386 especies descritas e destas, só 103 son aceptadas.