O leopardo das neves (Panthera uncia), tamén coñecido como onza,[2] é un gran félido nativo das áreas montañosas de Asia Central e Meridional. Está considerada unha especie ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN xa que, no ano 2003, o tamaño da súa poboación en liberdade estimouse entre 4 080 e 6 590 adultos. Menos de 2 500 individuos reprodutores poderían estar en liberdade.[3] No 2016, estimouse que a súa poboación podería roldar entre os 4 080 e os 8 700 individuos.[4]
Os leopardos das neves habitan nas zonas alpinas e subalpinas entre os 3 000 e os 4 500m. Nos países máis setentrionais nos que habita, tamén está presente a menores alturas[5]
Taxonomicamente, o leopardo das neves foi clasificado como Uncia uncia dende comezos da década de 1930. Baseado en estudos xenéticas, a especie está considerado como membro do xénero Panthera dende o 2008.[6] Existen dúas subespecies, pero as diferenzas xenéticas aínda non foron estabelecidas.[7]
O leopardo das neves (Panthera uncia), tamén coñecido como onza, é un gran félido nativo das áreas montañosas de Asia Central e Meridional. Está considerada unha especie ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN xa que, no ano 2003, o tamaño da súa poboación en liberdade estimouse entre 4 080 e 6 590 adultos. Menos de 2 500 individuos reprodutores poderían estar en liberdade. No 2016, estimouse que a súa poboación podería roldar entre os 4 080 e os 8 700 individuos.
Os leopardos das neves habitan nas zonas alpinas e subalpinas entre os 3 000 e os 4 500m. Nos países máis setentrionais nos que habita, tamén está presente a menores alturas
Taxonomicamente, o leopardo das neves foi clasificado como Uncia uncia dende comezos da década de 1930. Baseado en estudos xenéticas, a especie está considerado como membro do xénero Panthera dende o 2008. Existen dúas subespecies, pero as diferenzas xenéticas aínda non foron estabelecidas.