dcsimg

Mangueira ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A mangueira[1] (Mangifera indica) é unha árbore froiteira cuxos froitos son coñecidos como mangas. Estas árbores pertencen ao xénero Mangifera, que inclúe cerca de 35 especies de árbores da familia Anacardiaceae, nativas do sur e do sueste asiático desde o leste da India até as Filipinas, e introducidas no Brasil, en Angola, en Mozambique e noutros países tropicais. Esta especie é máis difundida de todas as existentes. O nome da froita ben da palabra malayalam manga e foi popularizada en Europa polos portugueses, que coñeceron esta froita en Kerala.

Descrición

Á planta da manga adoita ser unha árbore leñosa, que alcanza un gran tamaño e a altura (pode superar os 30 m de altura, sobre todo, se ten que competir polos raios solares con árbores máis grandes, como podería ser nunha plantación de cocos), sempre e cando sexa nun clima cálido. É nas zonas de climas temperados pode cultivarse aínda que non adoita alcanzar unha grande altura, polas incidencias climáticas que lle resultan adversas. É orixinario da India e cultivase en países de clima cálido ademais de algúns climas temperado como España, China e EUA. Na zona intertropical é unha planta sumamente nobre: non require rego e resiste os incendios; unha plantación de mangas dificilmente podería queimarse durante a época de seca, xa que é o período de máximo crecemento da biomasa para estas árbores é de maior actividade da fotosíntese por estar menos anubrado.

Taxonomía

Mangifera indica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Flora Brasiliensis 12(2): 394. 1876.[2]

Sinonimia
  • Mangifera austroyunnanensis Hu
  • Rhus laurina Nutt.[2]

Galería de imaxes

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mangueira.
  2. 2,0 2,1 "Mangueira". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de xullo de 2013.

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Mangueira: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A mangueira (Mangifera indica) é unha árbore froiteira cuxos froitos son coñecidos como mangas. Estas árbores pertencen ao xénero Mangifera, que inclúe cerca de 35 especies de árbores da familia Anacardiaceae, nativas do sur e do sueste asiático desde o leste da India até as Filipinas, e introducidas no Brasil, en Angola, en Mozambique e noutros países tropicais. Esta especie é máis difundida de todas as existentes. O nome da froita ben da palabra malayalam manga e foi popularizada en Europa polos portugueses, que coñeceron esta froita en Kerala.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician