dcsimg

Ferreiriño negro ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O ferreiriño negro ou ferreiriño común (Periparus ater, antes Parus ater) é unha ave paseriforme da familia paridae, común en Europa, Asia e o norte de África.

O ferreiriño é pequeno, mide apenas 11 cm e 8 ou 10 gr de peso. A súa plumaxe é ben característica, coa cabeza negra cunha caracterísca mancha branca na caluga que destaca sobre o resto da plumaxe; o seu lombo é cinsento.

En Galicia é un paxaro común e cóntase entre as especies protexidas.


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician