dcsimg
樹薯的圖片
Life » » Archaeplastida » » 木蘭綱 » » 大戟科 »

樹薯

Manihot esculenta Crantz

Mandioca ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供
 src=
Manihot esculenta

A mandioca[1] (Manihot esculenta), ás veces tamén chamada de iuca (cómpre non confundir co xénero Yucca sp), é unha planta euforbiácea (da familia Euphorbiaceae) tropical, arbustiva ou arbórea, de até 3 m de altura, raíces tuberosas, follas grandes moi divididas, flores amarelas en acio e froito en cápsula alada.

A raíz posúe unha fécula alimentaria, velenosa acabada de extraer, mais comestíbel a xeito de tapioca, obtida despois de someter a fécula verde a unha lixeira cocedura[2]. A tapioca é un alimento rico en glícidos como o amidón[3].

Descrición

É un arbusto perennifolio, monoico, con raíces tuberosas engrosadas, fusiformes e fibrosas. As follas son alternas, palmadas e estipuladas.

Usos

Cultívase coma alimento básico en moitos países tropicais. A mandioca é a terceira fonte de glícidos da humanidade.[4][5] A mandioca clasifícase como "doce" ou "amarga" dependendo do nivel da substancia tóxica (glicósidos cianoxénicos) que contén. Unha preparación pouco coidadosa da mandioca causa unha doenza chamada konzo. No entanto os agricultores prefiren cultivar variedades "amargas" xa que son máis resistentes ás pragas.[6]

 src=
Raíz de mandioca sen procesar

A raizame da mandioca ten de 5 a 10 cm de diámetro e chega até os 50 a 80 cm de longo. O interior da raíz pode ser branco ou amarelento. É rica en amidón, calcio , fósforo e vitamina C (25 mg/100 g) porén pobre en proteínas e outros nutrientes.

Notas

  1. Nome vulgar galego en Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999
  2. Nome e definición en Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
  3. Euphorbiaceae Juss.
  4. Phillips, T. P. (1983). An overview of cassava consumption and production. In Cassava Toxicity and Thyroid; Proceedings of a Workshop, Ottawa, 1982 (International Development Research Centre Monograph 207e). pp. 83-88 [F. Delange and R. Ahluwalia. editors]. Ottawa. Canada: International Development Research Centre.
  5. Claude Fauquet and Denis Fargette, (1990) "African Cassava Mosaic Virus: Etiology, Epidemiology, and Control" Plant Disease Vol. 74(6): 404-11.
  6. Linley Chiwona-Karltun, Chrissie Katundu, James Ngoma, Felistus Chipungu, Jonathan Mkumbira, Sidney Simukoko, Janice Jiggins (2002) Bitter cassava and women: an intriguing response to food security LEISA Magazine, volume 18 Issue 4. Consultado o 21 de decembro de 2019

  • Linamarin - The Toxic Compound of Cassava (en inglés)
  • Cassava - Purdue University Horticulture(en inglés)
  • Cassave Research at the International Institute of Tropical Agriculture (IITA)(en inglés)
  • Cassava Biz - information service provided by the Integrated Cassava Project (ICP) of the International Institute of Tropical Agriculture (IITA), to encourage, promote, and expand agribusiness development in the cassava subsector in Nigeria. (en inglés)
  • "Cassava Pests: From Crisis to Control". New Agriculturist Online (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2013.
  • GE cassava plants that have reduced cyanogens(en inglés)
  • GE cassava plants whose roots are over 2.5 times normal size(en inglés)
  • The Inoculated Mind - Interview with Dr. Richard Sayre, credited with lowering cyanogen content and engineering giant cassava(en inglés)
  • Global Cassava Development Strategy(en inglés)
  • The Case for Cassava(en inglés)
  • Mayans grew Manioc(en inglés)
  • 許可
    cc-by-sa-3.0
    版權
    Autores e editores de Wikipedia
    原始內容
    參訪來源
    合作夥伴網站
    wikipedia gl Galician

    Mandioca: Brief Summary ( 加利西亞語 )

    由wikipedia gl Galician提供
     src= Manihot esculenta

    A mandioca (Manihot esculenta), ás veces tamén chamada de iuca (cómpre non confundir co xénero Yucca sp), é unha planta euforbiácea (da familia Euphorbiaceae) tropical, arbustiva ou arbórea, de até 3 m de altura, raíces tuberosas, follas grandes moi divididas, flores amarelas en acio e froito en cápsula alada.

    A raíz posúe unha fécula alimentaria, velenosa acabada de extraer, mais comestíbel a xeito de tapioca, obtida despois de someter a fécula verde a unha lixeira cocedura. A tapioca é un alimento rico en glícidos como o amidón.

    許可
    cc-by-sa-3.0
    版權
    Autores e editores de Wikipedia
    原始內容
    參訪來源
    合作夥伴網站
    wikipedia gl Galician