A menta[2] é calquera herba comestíbel pertencente ao xénero Mentha apreciada polo seu aroma refrescante e emprégase na cociña, na industria de produtos bucais e alimenticia en xeral. O consumo desta herba ou dos seus derivados produce unha sensación de frío na boca e as vías respiratorias. O seu aroma estimula o apetito.
A destilación da menta produce un aceite rico en menthol, substancia de valor comercial e moi utilizado na produción de alimentos (especialmente lambonadas), locións para afeitar, produtos bucais, perfumes etc.
Existe unha variedade de especies diferentes desta herba, como por exemplo:
Híbridos recoñecidos que se poden xerar polo cruzamento dalgunhas das especies:
A menta emprégase principalmente en pratos doces e en repostaría, pero tamén se utiliza en pratos salgados. A parte utilizada desta planta é a folla, seca ou natural, que poden ser utilizadas directamente ou tras destilarse, en forma do aceite de menta.
Efectiva en cosméticos cutáneos vigorizantes e tonificantes. Ten un efecto calmante en pernas e pés. Estimula a circulación e o sistema respiratorio. Baixa a febre, alivia mareos e náuseas. Debido ó seu alto contido en mentol alivia a fatiga mental, a tensión nerviosa e mellora a concentración. A infusión de menta é un potente diurético. Tamén axuda a facer a dixestión. Utilízase en produtos para despois de tomar o sol, enxaugaduras bucais, xampús anticaspa, locións e talco para pés.
É un repelente natural de insectos.
Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano[4], recolle o refrán a seguir, sobre as propiedades medicinais da menta:
Non sei que tèn a menta, que nunca mal senta.
A menta é calquera herba comestíbel pertencente ao xénero Mentha apreciada polo seu aroma refrescante e emprégase na cociña, na industria de produtos bucais e alimenticia en xeral. O consumo desta herba ou dos seus derivados produce unha sensación de frío na boca e as vías respiratorias. O seu aroma estimula o apetito.
A destilación da menta produce un aceite rico en menthol, substancia de valor comercial e moi utilizado na produción de alimentos (especialmente lambonadas), locións para afeitar, produtos bucais, perfumes etc.
Existe unha variedade de especies diferentes desta herba, como por exemplo:
Menta común, hortelá común, menta de pementa, (Mentha piperita), que é a máis empregada para fins alimenticios; Hortelá, hortelá, (Menta spicata, Mentha viridis); Menta brava, hortelá brava, herbaboa (Mentha arvensis); Mentraste (Mentha suaveolens); Menta do cabalo, menta silvestre (Mentha longifolia); Poexo (Mentha pulegium); Menta de auga (Mentha aquatica).