Macadamia e un xénero botánico que contén oito especies de plantas con flor da familia das proteáceas. A súa área de distribución limítase ao leste de Australia (sete especies), Nova Caledonia (especie M. neurophylla) e Indonesia, Célebes (especie M. hildebrandii)
Unhas poucas especies cultívanse pola súa noz comestíbel (noz de macadamia) Na actualidade a macadamia cultívase tamén en México, Bolivia, Colombia, Costa Rica, Guatemala, Ecuador, Paraguai, Perú, República Dominicana e Venezuela.
O xénero foi nomeado así en 1857 polo botanista Ferdinand von Mueller, primeiro en describir o xénero, en honra do seu colega o naturalista e político australiano, de orixe escocesa, John Macadam (cómpre non confundir co enxeñeiro escocés John Loudon McAdam).
Os nomes comúns do froito seco son:
Os aborixes australianos chamábano de kindal kindal ou jindilli.
O seu aceite esencial empregouse en perfumaría.
Só dúas especies posúen importancia comercial por ser as únicas que teñen a noz comestíbel: Macadamia integrifolia e Macadamia tetraphylla. As noces das demais especies son velenosas (por exemplo a Macadamia whelanii e a Macadamia ternifolia). A toxicidade débese á presenza de glicósidos. Estes glicósidos poden ser eliminados mediante procesos coñecidos polos aborixes.
Na actualidade a macadamia úsase para a elaboración de produtos cosméticos, xa que posúe propiedades hidratantes da pel. A noz de macadamia contén ácido palmitoleico (C16:1), un ácido graxo omega 7.
A macadamia introduciuse no Perú como cultura alternativa, grazas a un programa financiado e dirixido por FONCODES. Os agricultores da selva peruana aproveitaron as súas bondades no autoconsumo; porén a macadamia ten gran potencial para exportación.
Macadamia e un xénero botánico que contén oito especies de plantas con flor da familia das proteáceas. A súa área de distribución limítase ao leste de Australia (sete especies), Nova Caledonia (especie M. neurophylla) e Indonesia, Célebes (especie M. hildebrandii)
Unhas poucas especies cultívanse pola súa noz comestíbel (noz de macadamia) Na actualidade a macadamia cultívase tamén en México, Bolivia, Colombia, Costa Rica, Guatemala, Ecuador, Paraguai, Perú, República Dominicana e Venezuela.
O xénero foi nomeado así en 1857 polo botanista Ferdinand von Mueller, primeiro en describir o xénero, en honra do seu colega o naturalista e político australiano, de orixe escocesa, John Macadam (cómpre non confundir co enxeñeiro escocés John Loudon McAdam).
Os nomes comúns do froito seco son:
macadamia noz de arbusto noz de macadamia noz maroochi Queensland nut (‘noz de Queensland’ en inglés de Australia).Os aborixes australianos chamábano de kindal kindal ou jindilli.