Os cordados (Chordata, do latín chordata, pl. de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda"; literalmente "os que teñen corda") son un filo do reino animal caracterizado por presentar cinco sinapomorfias, a máis destacada das cales é a presenza dunha corda dorsal ou notocorda de células turxentes (e dun tubo neural) polo menos nalgunha fase do seu desenvolvemento.[1]
Coñécense preto de 65 000 especies actuais,[2] a maioría pertencentes ao subfilo dos vertebrados, e case a metade das cales son peixes.
Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de nichos ecolóxicos e que demostraron ao longo da súa historia evolutiva notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos elos tróficos dos seus ecosistemas.
Nos cordados destaca a capacidade de autorregulación e organización interna; algúns, como as aves e os mamíferos, poden elevaren e manteren constante a temperatura do corpo. Estes e outros factores engadiron complexidade a este grupo de animais, permitindo un maior control sobre as reaccións metabólicas e o desenvolvemento dun complexo sistema nervioso.
Son animais deuteróstomos, de simetría bilateral, corpo segmentado, triploblásticos (é dicir, con tres capas xerminativas no embrión), celoma ben desenvolvido (que, porén, se perde nalgúns grupos).
Entre as características propias do filo encóntranse:[3]
O filo dos cordados subdivídense en tres subfilos: urocordados, cefalocordados e vertebrados. A clasificación dos dous primeiros subfilos baséase na posición da notocorda no corpo do animal: os urocordados presentan o notocordio na cola, e soamente na fase larvaria; nos cefalocordados esténdese por todo o corpo, persistindo até a fase adulta. Ambos os dous subfilos están considerados como animais invertebrados. Os vertebrados caracterízanse pola presenza de vértebras e polo desenvolvemento do cranio.[4]
As interrelacións entre os tres subfilos aínda é incerta. Tradicionalmente, os cefalocordados foron considerados como os parentes vivos máis próximos dos vertebrados, cos tunicados representando a liñaxe primitiva dos cordados.
O esquema seguinte segue a terceira edición da Vertebrate Palaeontology de Benton.[5] A clasificación das clases dos cordados invertebrados está tirada de Fishes of the World de Nelson.[6] Aínda que estea estruturado para reflectir as relacións evolutivas (semellante a un cladograma), tamén observa os niveis tradicionais usados na taxonomía linneana.
As liñas mostran as probábeis relacións evolutivas, incluíndo taxa extintos, que están indicados por unha †. Algúns son invertebrados. As posicións (relacións) dos clados dos anfioxos, tunicados e craniados están como foron expostos por Ptuman et al. na revista Naturte.[7]
Cephalochordata TunicataAppendicularia (antigamente Larvacea)
Craniata VertebrataHyperoartia (Petromyzontida)
Gnathostomata Teleostomi Osteichthyes Sarcopterygii void Tetrapoda Amniota Synapsida void Sauropsida voidAs relacións filoxenéticas entre o filo dos cordados e os destes con outros deuteróstomos son, segundo Hickman, as seguintes:[8]
Chordata __O cordado fósil máis antigo, Yunnanozoon lividum, procede do cámbrico inferior de China e ten unha idade aproximada de 525 millóns de anos; está probabelmente máis relacionado cos cefalocordados que cos urocordados.[9]
Ao longo do Devoniano apareceron e diversificáronse os ágnatos (peixes sen mandíbulas), sendo os primeiros vertebrados coñecidos. Contra a final deste período (hai uns 360 millóns de anos) existían xa as principais liñaxes de peixes e apareceron os primeiros tetrápodos (anfibios). Os réptiles apareceron durante o Carbonífero, os mamíferos á final do Permiano (hai máis de 200 millóns de anos), e as aves á final do Xurásico (hai uns 145 millóns de anos).[10]
Os cordados (Chordata, do latín chordata, pl. de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda"; literalmente "os que teñen corda") son un filo do reino animal caracterizado por presentar cinco sinapomorfias, a máis destacada das cales é a presenza dunha corda dorsal ou notocorda de células turxentes (e dun tubo neural) polo menos nalgunha fase do seu desenvolvemento.
Coñécense preto de 65 000 especies actuais, a maioría pertencentes ao subfilo dos vertebrados, e case a metade das cales son peixes.
Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de nichos ecolóxicos e que demostraron ao longo da súa historia evolutiva notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos elos tróficos dos seus ecosistemas.
Nos cordados destaca a capacidade de autorregulación e organización interna; algúns, como as aves e os mamíferos, poden elevaren e manteren constante a temperatura do corpo. Estes e outros factores engadiron complexidade a este grupo de animais, permitindo un maior control sobre as reaccións metabólicas e o desenvolvemento dun complexo sistema nervioso.