dcsimg

Gaivota chorona ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

A gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus, antes Larus ridibundus)[2] é unha gaivota que se pode observar en Galiza durante todo o ano, principalmente exemplares non reprodutores. A súa poboación invernante nas costas galegas estímase nuns 20 mil individuos[Cómpre referencia].

A poboación europea da gaivota chorona estímase nuns 2 millóns de exemplares[Cómpre referencia]. Ata fai pouco a súa cría en Galiza era escasa, aínda que dende finais dos anos 90 a súa cría estase a facer máis común debido ós seus costumes sedentarios.

Descrición

 src=
Gaivotas choronas en voo

A gaiovota chorona é unha ave de 54–60 cm de envergadura e un peso de 210-300 gramos. É de cor branco coas ás de cor gris agás os bordos negros. A súa testa é de cor negra, durante o inverno tórnase gris ou branca segundo a idade. As súas patas son de cor laranxa ou vermello alaranxado. O seu bico é vermello.

Comportamento

É unha ave oportunista, preeira que busca pequenos invertebrados ou refugallos deixados polos humanos. Adoita presentarse en grupos de 10 a 20 exemplares nos campos labrados en busca de insectos ou miñocas.

Hábitat

Gaivota chorona con plumaxe invernal de primeiro ano na ría de Viveiro.

A súa distribución en Galiza é irregular. Atópase principalmente nas costas galegas e nos ríos Miño, Ulla e Sil, así como na Baixa Limia.

En Europa é moi abondosa agás na Escandinavia. É sedentaria na Gran Bretaña e nos países mediterráneos. Durante o inverno emigra dende o mar Báltico ata o Mediterráneo chegando ata o norte de África. Téñense atopado exemplares ata no Canadá.

Kokmeeuw Chroicocephalus ridibundus Jos Zwarts 4.tif

Reprodución

A gaivota chorona aniña no chan preto da auga en marismas e lagoas. Pon a partir do final de marzo 3 ovos que van dende o castaño claro a escuro con pencas; estes son chocados polos dous sexos durante 24 días; os pitos son seminidífugos e voan logo de 6 semanas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guía das aves de Galicia (1991), Editorial Baía.
licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Gaivota chorona: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

A gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus, antes Larus ridibundus) é unha gaivota que se pode observar en Galiza durante todo o ano, principalmente exemplares non reprodutores. A súa poboación invernante nas costas galegas estímase nuns 20 mil individuos[Cómpre referencia].

A poboación europea da gaivota chorona estímase nuns 2 millóns de exemplares[Cómpre referencia]. Ata fai pouco a súa cría en Galiza era escasa, aínda que dende finais dos anos 90 a súa cría estase a facer máis común debido ós seus costumes sedentarios.

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician