dcsimg

Brámidos ( الجاليكية )

المقدمة من wikipedia gl Galician
 src=
Castañeta

Os Brámidos (Bramidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

A súa pesca ten importancia comercial, como no caso da castañeta (Brama brama).

Características

Son peixes de corpo oval, alto e comprimido, con escamas ben aparentes e liña lateral presente. Nalgunhas especies a aleta dorsal pode estenderse ó longo de todo o corpo, e presenta unha parte anterior elevada, triangular, e unha posterior baixa, alargada. Aletas dorsal e anal sen radios espiñosos; pectorais longas e falciformes; caudal fortemente bifurcada. As tallas máximas descritas son de 85 cm de lonxitude, no caso de Taractichthys longipinnis.

Clasificación

 src=
Pteraclis carolinus

Comprende oito xéneros e unhas 21 especies, segundo ITIS, e 6 xéneros e 18 especies segundo FishBase:

  • Xénero Brama
  • Xénero Collybus
  • Xénero Eumegistus
  • Xénero Pteraclis
  • Xénero Pterycombus
  • Xénero Taractes
  • Xénero Taractichthys
  • Xénero Xenobrama

Véxase tamén

ترخيص
cc-by-sa-3.0
حقوق النشر
Autores e editores de Wikipedia
النص الأصلي
زيارة المصدر
موقع الشريك
wikipedia gl Galician

Brámidos: Brief Summary ( الجاليكية )

المقدمة من wikipedia gl Galician
 src= Castañeta

Os Brámidos (Bramidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

A súa pesca ten importancia comercial, como no caso da castañeta (Brama brama).

ترخيص
cc-by-sa-3.0
حقوق النشر
Autores e editores de Wikipedia
النص الأصلي
زيارة المصدر
موقع الشريك
wikipedia gl Galician