Larus é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros, que é o tipo da suborde e da familia dos láridos
Comprende numerosos especies coñecidas vulgarmente en galego como gaivotas ou gavotas,[1]
Son aves mariñas de mediano a gran porte, tipicamente de plumaxe gris, negra ou branca, frecuentemente con marcas negras na cabeza ou nas ás, e que teñean as patas palmadas, distribuídas por todo o mundo. Moitas delas son aves abundantes e moi coñecidas nas súas espectivas áreas de distribución.
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1758 por Linnaeus na páxina 136[2] da 10ª edición do seu Systema naturae.[3]
Etimoloxía
O nome científico Larus provén do grego antigo λάῥος láros, "gaivota" (ou talvez outra ave mariña grande).[4]
Nota taxonómica
Durante moito tempo a maioría das gaivotas situáronse neste xénero, incluso ao longo do século XX.[5][6] Este sistema predominou até principios do século XXI: nos anos 2005-2007 coñeceuse que esta agrupación era polifilética.
En 2005 un estudo de filoxenia molecular realizado por primeira vez sobre todas as especies recoñecidas de gaivotas (53 especies) demostrou que o xénero Larus así concibido non era monofilético.[7] Confirmando as conclusións de dous estudos anteriores, un sobre morfoloxía,[8] e o outro sobre caracteres moleculares,[9] avogaron pola disociación de Larus en seis xéneros:[7]
Algunhas destas recomendacións foron inmediatamente aceptadas pola comunidade científica internacional.[10][11] Porén, algunhas aínda son obxecto de debate.
Especies
Na actualidade recoñécense as 24 especies seguintes:[2][12]
-
Larus argentatus Pontoppidan, 1763
-
Larus armenicus Buturlin, 1934
-
Larus atlanticus Olrog, 1958
-
Larus belcheri Vigors, 1829
-
Larus cachinnans Pallas, 1811
-
Larus californicus Lawrence, 1854
-
Larus canus Linnaeus, 1758
-
Larus crassirostris Vieillot, 1818
-
Larus delawarensis Ord, 1815
-
Larus dominicanus Lichtenstein, 1823
-
Larus fuscus Linnaeus, 1758
-
Larus glaucescens J. F. Naumann, 1840
-
Larus glaucoides B. Meyer, 182
-
Larus heermanni Cassin, 1852
-
Larus hyperboreus Gunnerus, 1767
-
Larus livens Dwight, 1919
-
Larus marinus Linnaeus, 1758
-
Larus michahellis J. F. Naumann, 1840
-
Larus occidentalis Audubon, 1839
-
Larus pacificus Latham, 1802
-
Larus schistisagus Stejneger, 1884
-
Larus smithsonianus Coues, 1862
-
Larus thayeri W. S. Brooks, 1915
-
Larus vegae Palmen, 1887
En Galicia
En Galicia pódense ver 15 especies, segundo Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López,[13] ou 13, segundo Estanislao Fernández de la Cigoña,[14] moitas delas presentes todo o ano e outras de presenza accidental.
Galería de imaxes
Notas
-
↑ gaivota no Dicionario da RAG.
-
↑ 2,0 2,1 Alan P. Peterson: Larus Linnaeus 1758 Syst. Nat. ed. 10, p. 155 en Zoonomen.
-
↑ Linnæus, Caroli (1758): Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ. (Salvius).
-
↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 219. ISBN 978-1-4081-2501-4.
-
↑ Dwight, J. (1925): "The Gulls of the World". Bulletin of the American Museum of Natural History 52: 63-401.
-
↑ Moynihan, M. (1959): "A revision of the family Laridae (Aves)". American Museum Novitates 1928: 1–42.
-
↑ 7,0 7,1 Pons, J. M., Hassanin, A. & Crochet, P. A. (2005): "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers". Molecular phylogenetics and evolution 37 (3): 686-699.
-
↑ Chu, Philip C. (1998). "A Phylogeny of the Gulls (Aves: Larinae) Inferred from Osteological and Integumentary Characters". Cladistics (en inglés) 14 (1): 1–43. ISSN 1096-0031. doi:10.1111/j.1096-0031.1998.tb00202.x.
-
↑ Crochet; Bonhomme; Lebreton (2000). "Molecular phylogeny and plumage evolution in gulls (Larini)". Journal of Evolutionary Biology (en inglés) 13 (1): 47–57. ISSN 1420-9101. doi:10.1046/j.1420-9101.2000.00135.x.
-
↑ Sangster, G, Collinson, J. M., Knox, A. G., Parkin, D. T. & Svensson, L. (2007): "Taxonomic recommendations for British birds: Fourth report". Ibis 149 (4): 853– 857.
-
↑ Banks, R. C., Chesser, R. T., Cicero, C., Dunn, J. L., Kratter, A. W., Lovette, I. J., Rasmussen, P. C., Remsen, J. V. Jr., Rising, J. D., Stotz, D. F. & Winker, K. (2008): "Forty-ninth supplement to the American Ornithologists’ Union check-list of North Americancan birds" The Auk 125 (3): 758–768.
-
↑ Larus Linnaeus, 1758 no ITIS.
-
↑ Penas Patiño et al. 1991, pp. 158-170.
-
↑ Fernández de la Cigoña, 1989 & pp0227-249.
Véxase tamén
Bibliografía
- del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World, vol. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7.
- del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.
-
Fernández de la Cigoña, Estanislao (1989): Viaxeiras da auga. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-245-1.
-
Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-306-2.
Outros artigos