dcsimg

Camelo bactriano ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O camelo bactriano (Camelus bactrianus) é unha especie artiodáctila nativa das estepas de Asia Central. Das dúas especies de camelos que aínda existen, é a menos común.[2] O camelo bactriano caracterízase por ter dúas xibas no lombo no canto dunha soa, en contraste co camelo dromedario. A súa poboación de 2 millóns de exemplares débese principalmente á forma domesticada da especie.[3] Algunhas autoridades, principalmente a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN), empregan o nome binomial Camelus ferus para o camelo bactriano salvaxe e reservan Camelus bactrianus para o domesticado. O seu nome provén da antiga rexión histórica de Bactria.[4]

Notas

  1. Hare, J. (2008). "Camelus ferus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 31 de xaneiro de 2008.
  2. Grubb, P. (2005). "Order Artiodactyla". En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. p. 645. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
  3. "Bactrian Camel." EdgeofExistence.org. EDGE, 2010.
  4. "Camels – Old World Camels". Science Encyclopedia. Net Industries. Consultado o 29 de novembro de 2012.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Camelo bactriano: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O camelo bactriano (Camelus bactrianus) é unha especie artiodáctila nativa das estepas de Asia Central. Das dúas especies de camelos que aínda existen, é a menos común. O camelo bactriano caracterízase por ter dúas xibas no lombo no canto dunha soa, en contraste co camelo dromedario. A súa poboación de 2 millóns de exemplares débese principalmente á forma domesticada da especie. Algunhas autoridades, principalmente a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN), empregan o nome binomial Camelus ferus para o camelo bactriano salvaxe e reservan Camelus bactrianus para o domesticado. O seu nome provén da antiga rexión histórica de Bactria.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician