Os motacílidos (Motacillidae) son unha familia de pequenas aves paseriformes de colas longas e medianas. Existen ao redor de 65 especies en 6 xéneros nos que se inclúen as lavandeiras, picas e picas africanas. As picas africanas están restrinxidas aos Afrotrópicos, mentres que as lavandeiras atópanse principalmente en Europa, África e Asia, con dúas especies migratorias que aniñan en Alasca. As picas teñen a distribución máis cosmopolita, atopándose ao longo do Vello mundo, América e nas illas de Nova Zelandia e Malvinas. Dúas especies africanas, a pica de peito amarelo e maila pica de Sharpe agrúpanse ás veces nun sétimo xénero, Hemimacronyx.[1]
As picas, lavandeiras e picas africanas son paxaros esveltos, de tamaño pequeno ou medio, cunha lonxitude entre 14 e 17 cm, con longas colas e pescozos curtos.[2]. Teñen patas pálidas con longas dedas, particularmente a deda traseira que pode chegar a medir até 4 cm nalgunhas picas africanas. Non existe dimorfismo sexual no que ao tamaño se refire. Normalmente as picas africanas adoitan ser máis robustas cás picas e mailas lavandeiras. As picas africanas poden chegar a acadar os 64 g, mentres que as picas e lavandeiras adoitan pesar entre 15–31 g. A plumaxe adoita ser marrón clara, semellante á das lavercas, aínda que algunhas especies teñen cores rechamantes, como por exemplo a pica dourada do nordeste de Africa. As picas africanas macho adoitan ter as partes inferiores de cores rechamantes. As lavandeiras a miúdo teñen plumaxes chamativos en gris, negro, branco e amarelo.
A maioría dos motacílidos son aves insectívoras que se alimentan no chan[2] ou no campo aberto. Ocupan a maioría dos hábitats dispoñibles, dende as ribeiras até os altos cumios. As lavandeiras prefiren ambientes máis húmidos cás picas. Algunhas especies de lavandeiras empregan os bosques, incluíndo a lavandeira forestal.
Os motacílidos predan sobre unha ampla variedade de invertebrados, especialmente insectos, e tamén arañas, vermes, e pequenos moluscos acuáticos e artrópodos.
Coa excepción da lavandeira forestal, aniñan no chan[2], ata seis ovos pintados.
En Galicia existen 5 especies pertencentes á familia dos motacílidos (Motacillidae), delas, 7 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, 2 son invernantes no país e 1 aniña localmente.[3]
Anthus EspecieFAMILIA: MOTACILLIDAE
Os motacílidos (Motacillidae) son unha familia de pequenas aves paseriformes de colas longas e medianas. Existen ao redor de 65 especies en 6 xéneros nos que se inclúen as lavandeiras, picas e picas africanas. As picas africanas están restrinxidas aos Afrotrópicos, mentres que as lavandeiras atópanse principalmente en Europa, África e Asia, con dúas especies migratorias que aniñan en Alasca. As picas teñen a distribución máis cosmopolita, atopándose ao longo do Vello mundo, América e nas illas de Nova Zelandia e Malvinas. Dúas especies africanas, a pica de peito amarelo e maila pica de Sharpe agrúpanse ás veces nun sétimo xénero, Hemimacronyx.