Os cotoneáster[2] (Cotoneaster) é un xénero de plantas leñosas na familia das rosáceas (Rosaceae),[3] nativas da rexión Paleártica (Europa, norte de África, rexión temperada de Asia) cunha máxima diversidade nas montañas de suroeste da China e o Himalaia. Están relacionados cos estripeiros (Crataegus), espiños de fogo (Pyracantha), fotinias (Photinia) e capudres (Sorbus). Atópamos en Galicia as especies coma ornamentais en xardíns, especialmente o cotoneáster común (Cotoneaster lacteus).
A maioría das especies son arbustos a partir de 0,5 até 5 m de alto, variando os seus portes desde as plantas de talos rastreiros polo chan, ás que gabean para se erguer coma arbustos; algúns, como o C. frigidus, son miúdos, outros son árbores de até 15 m de altura e de 75 cm de diámetro de toro. As especies de porte pequeno sepecialmente plantas alpinas que medran nas zonas de alta montaña (e.g. C. integrifolius, que medra de 3000 a 4000 m nos Himalaias), mentres que as especies máis grandes, arbustos e árbores, atópanse nas altitudes máis baixas.
Os talos son dimorfos, cos talos longos (10 a 40 centímetros de longo) que producen crecemento estrutural da póla, e os talos curtos (0.5 a 5 centímetro de longo) levando as flores; este padrón que desenvolve a miúdo un xeito de ramificación como a espiña dun arenque. As follas dispóñense de xeito alterno, de 0.5 a 15 centímetros de longo, de ovadas a lanceoladas, enteiras. Hai especies que se presentan como planta de folla perenne e outras de folla caediza.
As flores prodúcense no extremo dos talos, en solitario ou dentro dun corimbo de até 100 xuntas; son dun diámetro de 5 a 10 milímetros, e teñen cinco pétalos, de cor branca crema en inicio para pasar a cor rosa, de 10 a 20 estames e até cinco estilos.
O froita é un pomo cun diámetro pequeno de 5 a 12 milímetros, vermello brillante cando está chagado, contendo dunha a tres (raramente até cinco) sementes.
Ás especies de Cotoneaster úsanse coma fonte de alimentación para as larvas dalgunhas especies de Lepidoptera incluídas as Grey Dagger, Mottled Umber, Short-cloaked Moth e a medidora de inverno.
Dependendo da definición usada nas especies, hai entre 70 e 300 especies de Cotoneaster, con moitas microespecies apomícticas tratadas como especies por algúns autores, mais soamente como variedades por outros.
As especies divídense en dúas ou máis seccións:
Os cotoneáster son arbustos de xardín moi populares, cultivados polo seu atractivo porte e pola súa froita decorativa. Moitos dos arbustos de xardinaxe son cultivares, algúns de orixe híbrida; uns con procedencia familiar coñecida, outras non.
Cotoneaster: nome xenérico que deriva de cotone, un antigo nome latino para o marmeleiro, e o sufixo -aster = 'semellante'.
Os cotoneáster (Cotoneaster) é un xénero de plantas leñosas na familia das rosáceas (Rosaceae), nativas da rexión Paleártica (Europa, norte de África, rexión temperada de Asia) cunha máxima diversidade nas montañas de suroeste da China e o Himalaia. Están relacionados cos estripeiros (Crataegus), espiños de fogo (Pyracantha), fotinias (Photinia) e capudres (Sorbus). Atópamos en Galicia as especies coma ornamentais en xardíns, especialmente o cotoneáster común (Cotoneaster lacteus).