O merlo rubio (Monticola saxatilis) é un túrdido que vive nas montañas. O macho é moi rechamante, sobre todo no verán: cabeza e dorso de cor gris azulado, ventre e cola vermello. Tanto as femias como os exemplares xoves son moito máis apagados.
O canto é afrautado, pero tamén emite reclamos máis secos: tak, chak-chak. Habita en zonas rochosas con matogueiras preto.
Na península ibérica atópase en verán, na franxa norte, Teruel, Serra Nevada, Madrid, ao leste de Galicia e en parte de Valencia.