A cebada ou orxo[2] (Hordeum vulgare) é unha gramínea cerealífera de grande importancia tanto para humanos como para animais, e representa a quinta maior colleita do mundo. Pertence á familia das gramíneas e a área cultivada no mundo chega a 530.000 km². O seu período de xerminación é de 1 a 3 días. As súas flores dispóñense en espigas, na extremidade do colmo, e os froitos, amarelados e ovoides, fornecen unha fariña alimenticia. A xerminación dos grans (malte) da especie (Hordeum distichum) utilízase na fabricación da cervexa, e os grans torrados e moídos son usados na fabricación dunha bebida sen cafeína de aspecto semellante ao café.
A cebada é un cereal de invierno, que se recolle en verán (xuño ou xullo no hemisferio norte) e xeralmente a súa distribución é semellante á do trigo. A cebada crece ben en solos drenados, que non precisan seren tan fértiles como os dedicados ao trigo.
A raíz da planta é fasciculada e nela pódense identificar raíces primarias e secundarias. As raíces primarias fórmanse polo crecemento da radícula e desparecen na planta adulta, momento no que se desenvolven as raíces secundarias dende a base do talo, con diversas ramificacións. O talo da cebada é unha cana oca que presenta de sete a oito entrenós, separados por diafragmas nudosos. Os entrenós son máis longos segundo o talo medra dende a rexión basal. O número de talos en cada planta é variable, e cada un deles presenta unha espiga.
As follas están conformadas pola vaíña basal e a lámina, que están unidas pola lígula e presentan dúas prolongacións membranosas denominadas aurículas. As follas atópanse inseridas nos nós do talo por un colar ou pulvinus, que é un avultamento na base da folla.
A súa espiga é a inflorescencia da planta, que se considera unha prolongación do talo, e que é semellante á das demais gramíneas.
O gran ten forma de fuso, máis groso no centro e diminuíndo cara aos ápices. A casca (nos tipos vestidos) protexe o gran contra os depredadores e é de utilidade nos procesos de malteado e cervexería; representa un 13 % do peso do gran, oscilando segundo o tipo ou a variedade.
A cebada cultivada (Hordeum vulgare) desciende da cebada silvestre (Hordeum spontaneum), que crece en Oriente Medio. Ambas as especies son diploides (2n=14 cromosomas). O seu cultivo aparece no antigo Exipto e foi un produto importante para o desenvolvemento desta civilización; no libro do Éxodo cítase en relación coas pragas de Exipto. Os gregos e os romanos empregaban a cebada para elaborar pan, e era a base de alimentación para os gladiadores romanos. En Suíza atopáronse restos calcinados de tortas elaboradas con grans de cebada toscamente moídos que datan da Idade da Pedra.
Durante moitos séculos a distinción de clases tamén afectou ao tipo de cereal que estaba permitido consumir: en Inglaterra ata o século XVI os pobres só tiñan permitido consumir pan de cebada mentres que o pan de trigo estaba destinado á clase alta.
Nalgúns países de oriente próximo, do norte de Europa (como Finlandia) e de Suramérica (como Colombia, Perú e Ecuador) aínda se emprega como alimento para consumo humano, mediante un proceso de torrado e moenda cun produto final chamado máchica. Porén, é moito máis empregada no malteado e na obtención de mostos para a elaboración da cervexa e na fabricación de whisky escocés e de xenebra neerlandesa. Existe pan que se elabora co cereal e ademais outra pequena proporción destínase para a alimentación animal, particularmente dos porcos. Elabóranse tamén bebidas non alcohólicas ou lixeiramente alcohólicas, como o kvas e a auga de cebada. Tamén se emprega a semente como medicinal.[3][4]
O orxo, así como o trigo, o malte, a avea e o centeo, posúe glute na súa composición, desta forma, non debe ser consumido por portadores da doenza celíaca, xa que a mesma trae como consecuencia ao organismo (caso consumido estes alimentos), unha atrofia nas mucosas do intestino delgado, prexudicando o organismo e a absorción de diversos nutrientes.
Segundo a FAO a produción mundial de cebada en 2010 alcanzou 123,5 millóns de toneladas. Os 20 maiores produtores abranguen o 82 % do total mundial.
(* Estimación da FAO)
A cebada ou orxo (Hordeum vulgare) é unha gramínea cerealífera de grande importancia tanto para humanos como para animais, e representa a quinta maior colleita do mundo. Pertence á familia das gramíneas e a área cultivada no mundo chega a 530.000 km². O seu período de xerminación é de 1 a 3 días. As súas flores dispóñense en espigas, na extremidade do colmo, e os froitos, amarelados e ovoides, fornecen unha fariña alimenticia. A xerminación dos grans (malte) da especie (Hordeum distichum) utilízase na fabricación da cervexa, e os grans torrados e moídos son usados na fabricación dunha bebida sen cafeína de aspecto semellante ao café.