Os xibóns son Hominoideos da familia Hylobatidae. Historicamente a familia tense clasificado nun só xénero mais agora está clasificada en catro xéneros. Os xibóns habitan trópicos e rexións subtropicais de Sumatra, Borneo e Xava.
Téñense denominado simios menores. Distínguense dos grandes simios (chimpancés, gorilas, orangutáns, bonobos e humanos) en ser máis pequenos, mostrar menor dimorfismo sexual, en non facer niños e en ter características anatómicas que os asemellan máis aos monos ca aos grandes simios. Igual que outros simios, non teñen rabo.
Os xibóns teñen unha alta capacidade locomotora, de bracear de póla a póla a longas distancias e a altas velocidades (mesmo ata acadar saltos de 15 metros a velocidade de 55 km/h). Chegan a facer saltos de ata 8 metros. Son quen de andar bipedalmente coas súas mans levantadas para manter o equilibrio. Ao contrario que outros Hominoidea, teñen parellas estables.
Dependendo da especie e do seu sexo, a pel dos xibóns cambia de negra, pasa por roxa e chega a un amarelo claro ou branco. É infrecuente ver un un xibón totalmente branco de pel.
A data da aparición evolutiva dos xéneros é complexa de elucidar[3] A mellor estimación actual pon a Nomascus diverxendo dos outros tres xéneros hai 7 millóns de anos. A nivel de especie, Hylobates pileatus diverxeu de H. lar e H. agilis hai 3.9 millóns de anos, e H. lar e H. agilis separáronse hai 3.3 millóns de anos. Os extintos Bunopithecus sericus foron xibóns ou primates semellantes a xibóns que, até hai nada, se pensaba que estaban máis relacionados cos xibóns hoolock[2].
A familia está dividida en catro xéneros baseándose no estudo do seu número de cromosomas diploides: Hylobates (44), Hoolock (38), Nomascus (52) e Symphalangus (50).[2][4]
Xénero Hoolock