dcsimg

Maruxiña ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

A maruxiña, reirrei, xoaniña, barrosiña, coccinela, papasol, papoia, voaniña, voíña ou xoana[3] é un insecto coleóptero dos coccinélidos. Os cocinélidos posúen corpo semiesférico, cabeza pequena, patas moi curtas e as membranosas moi desenvolvidas, protexidas por unha carapa quitinosa. Hai cerca de 4500 especies dentro deste grupo, distribuídas en 350 xéneros, distinguíbeis polos padróns de cores e pintas da carapa. O reirrei ou xoaniña ten o corpo globoso, xeralmente negro, cos élitros vermellos ou amarelos, con puntos escuros. As súas larvas e adultos nútrense de pulgóns.

As xoaniñas son predadores no mundo dos insectos e aliméntanse de áfidos, moscas da froita e outros tipos de insectos. Xa que a maioría das súas presas causa estragos ás colleitas e plantacións, as xoaniñas considéranse benéficas por parte dos agricultores, razón pola cal a C. septempunctata foi introducida en Norteamérica para combate-las pragas deses parasitos das plantas.

Outros nomes[Cómpre referencia]: cascarrubia, costureiriña, mosca de deus, papasol, polboretiña de deus, rei, rinchín.

  • VOLGA: voaniña, voíña.
  • RAG: barrosiña, papoia, reirrei, xoana.

Descrición

Son insectos pequenos, cun tamaño reducido que vai de 5 a 8 milímetros. De forma redondeada ou oval, brillantes, adoitan ser de vivas cores, con manchas negras sobre un fondo laranxa, amarelo ou vermello, en forma de puntos ou raias. Algunhas especies son peludas. A súa cabeza, antenas e patas son negras.

O son das súas ás foi incluído nas gravacións do disco Astral Weeks do músico irlandés Van Morrison.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén


lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician

Maruxiña: Brief Summary ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

A maruxiña, reirrei, xoaniña, barrosiña, coccinela, papasol, papoia, voaniña, voíña ou xoana é un insecto coleóptero dos coccinélidos. Os cocinélidos posúen corpo semiesférico, cabeza pequena, patas moi curtas e as membranosas moi desenvolvidas, protexidas por unha carapa quitinosa. Hai cerca de 4500 especies dentro deste grupo, distribuídas en 350 xéneros, distinguíbeis polos padróns de cores e pintas da carapa. O reirrei ou xoaniña ten o corpo globoso, xeralmente negro, cos élitros vermellos ou amarelos, con puntos escuros. As súas larvas e adultos nútrense de pulgóns.

As xoaniñas son predadores no mundo dos insectos e aliméntanse de áfidos, moscas da froita e outros tipos de insectos. Xa que a maioría das súas presas causa estragos ás colleitas e plantacións, as xoaniñas considéranse benéficas por parte dos agricultores, razón pola cal a C. septempunctata foi introducida en Norteamérica para combate-las pragas deses parasitos das plantas.

Outros nomes[Cómpre referencia]: cascarrubia, costureiriña, mosca de deus, papasol, polboretiña de deus, rei, rinchín.

VOLGA: voaniña, voíña. RAG: barrosiña, papoia, reirrei, xoana.
lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician