Os Monodactílidos (Monodactylidae) son unha familia de peixes predominantemente mariños e de augas salobres, incluída na orde dos Perciformes. Distribúense pola costa africana do océano Atlántico, polo Índico e polo Pacífico. Ocasionalmente penetran en augas doces.
Teñen o corpo alto e moi comprimido lateralmente. Aleta dorsal con base longa, cuberta de escamas e 5 a 8 espiñas curtas; a anal tamén de base longa e tres espiñas; pectorais pequenas. As aletas pélvicas están presentes nos individuos xuvenís, pero desaparecen ou son vestixiais nos adultos. Caudal algo fendida.
Aliméntanse de pequenos peixes e de crustáceos. Son de uso común en acuarios de auga doce.
Comprende só dous xéneros e seis especies: