dcsimg

Mergullón pequeno ( الجاليكية )

المقدمة من wikipedia gl Galician

O mergullón pequeno[2][3][4] (Tachybaptus ruficollis) é unha ave acuática da familia dos podicipédidos. O nome do xénero procede do grego antigo takhus, 'rápido' e bapto, 'afundirse debaixo'. O nome específico ruficollis procede do latín rufus, 'vermello' e -collis, derivado de collum, 'pescozo'.[5]

Cos seus 23 a 29 cm de loxitude é o membro europeo menor da súa familia. Atópase xeralmente en corpos de auga da maior parte da súa área de distribución.

Taxonomía

O mergullón pequeno foi descrito polo naturalista alemán Peter Simon Pallas en 1764, que lle deu o nome binomial de Colymbus ruficollis.[6][7][8] O tricolored grebe foi considerado conespecífico, e algunhas autoridades taxonómicas aínda o consideran así. Hai seis subespecies recoñecidas actualmente, distinguidas principalmente polo tamaño e coloración.[9][10]

  • T. r. ruficollis(Pallas, 1764): a subespecie nominal, que se encontra desde Europa ao oeste de Rusia e cara ao sur ata o norte de África.[11]
  • T. r. iraquensis(Ticehurst, 1923): vive no sueste de Iraq e suroeste de Irán.[11]
  • T. r. capensis(Salvadori, 1884): atopado na África subsahariana, Madagascar, Sri Lanka e o subcontinente indio, espallándose cara ao leste ata Birmania.[11]
  • T. r. poggei(Reichenow, 1902): habita desde o sueste ao noroeste de Asia, Hainán, Taiwán, Xapón e illas Kuriles do sur.[11]
  • T. r. philippensis(Bonnaterre, 1790): atópase no norte de Filipinas.[11]
  • T. r. cotabato(Rand, 1948): en Mindanao, Filipinas.[11]

Descrición

O mergullón pequeno é unha pequena ave acuática con bico agudo. O adulto é inconfundible en verán, predominantemente escuro na parte superior co seu pescozo, meixelas e flancos de intensa cor marrón avermellada e interior da boca amarelo brillante. A cor marrón avermellada é substituída por un gris amarronado escuro en aves que non teñen a plumaxe non reprodutora e os xuvenís.

As aves xuvenís teñen un bico amarelo cunha pequena punta negra, e raias negras e brancas nas meixelas e laterais do pescozo vistas desde abaixo. Este bico amarelo escurécese a medida que van tendo máis idade, e chega a ser negro na idade adulta.

En inverno, o seu tamaño, plumaxe beixe cun dorso e cabeza máis escuros, e a parte posterior con forma de “borla” permite unha fácil identificación destas especies. A chamada reprodutora do mergullón pequeno, feita tanto en solitario coma en dúo, é un trilo repetido uit-uit-uit ou ui-ui-ui que soa como o rinchar dun cabalo.

Distribución

Reprodúcese en pequenas colonias en zonas con moita vexetación de lagos de auga doce ao longo de Europa, gran pare de Asia e cara ao sur ata Nova Guinea e a maioría de África. A maioría das aves desprázanse a augas costeiras ou máis abertas, pero é soamente migratoria naquelas partes da súa área de distribución onde se conxelan as augas. Fóra da estación reprodutora trasládase a augas máis abertas, ocasionalmente aparecendo incluso en costas de pequenas baías.[1] En Galicia a ave é sedentaria e chegan individuos invernantes.[3]

Comportamento

O mergullón pequeno é un nadador e mergullador excelente que persegue os peixes e invertebrados acuáticos baixo a auga. Aproveita a vexetación para agocharse eficazmente.

Como todos os mergullóns pequenos aniña na beira da auga, xa que as súas patas están situadas moi atrás no corpo e non pode camiñar ben. Xeralmente poñen de 4 a 7 ovos. Cando os adultos abandonan provisionalmente o niño adoitan ter coidado de cubrir os ovos con vexetción para que sexa menos probable que os detecten os predadores.[12] Os xoves deixan o niño e poden nadar pouco despois da eclosión, e os polos adoitan ser acarrexados sobre as costas dos adultos durante a natación.[13] Na India a especie reprodúcese durante a estación das chuvias.[14]

Galería

Notas

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2017). "Tachybaptus ruficollis (amended version of 2016 assessment)". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 25 de decembro de 2018.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Dicionario Digalego mergullón
  5. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 341, 377. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  6. Mayr, Ernst; Cottrell, G. William (1979). Check-list of Birds of the World. Volume (1 Second ed.). Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 143.
  7. Sherborn, C. Davies (1905). "The new species of birds in Vroeg's catalogue, 1764". Smithsonian Miscellaneous Collections 47: 332–341 [339 No. 281]. Includes a transcript of the 1764 text.
  8. Rookmaaker, L.C.; Pieters, F.F.J.M. (2000). "Birds in the sales catalogue of Adriaan Vroeg (1764) described by Pallas and Vosmaer". Contributions to Zoology 69 (4): 271–277. doi:10.1163/18759866-06904005.
  9. Ogilvie, Malcolm; Rose, Chris (2003). Grebes of the World. Bruce Coleman. ISBN 978-1-872842-03-5.
  10. Gill, F.; Donsker, D., eds. (2014). "IOC World Bird List (v 4.4)". doi:10.14344/IOC.ML.4.4.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 Clements, James (2007). The Clements Checklist of the Birds of the World (6th ed.). Ithaca, NY: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-4501-9.
  12. Prokop, Pavel; Trnka, Alfréd (2011). "Why do grebes cover their nests? Laboratory and field tests of two alternative hypotheses" (PDF). Journal of Ethology 29: 17–22. doi:10.1007/s10164-010-0214-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2019.
  13. Finn, Frank (1905). "Notes on the nesting of the Indian Dabchick". Bird Notes 4: 10–17.
  14. Dalgliesh, Gordon (1906). "Notes on the Indian Podicipedidae". The Avicultural Magazine 5 (2): 65–72.

Véxase tamén

ترخيص
cc-by-sa-3.0
حقوق النشر
Autores e editores de Wikipedia
النص الأصلي
زيارة المصدر
موقع الشريك
wikipedia gl Galician

Mergullón pequeno: Brief Summary ( الجاليكية )

المقدمة من wikipedia gl Galician

O mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) é unha ave acuática da familia dos podicipédidos. O nome do xénero procede do grego antigo takhus, 'rápido' e bapto, 'afundirse debaixo'. O nome específico ruficollis procede do latín rufus, 'vermello' e -collis, derivado de collum, 'pescozo'.

Cos seus 23 a 29 cm de loxitude é o membro europeo menor da súa familia. Atópase xeralmente en corpos de auga da maior parte da súa área de distribución.

ترخيص
cc-by-sa-3.0
حقوق النشر
Autores e editores de Wikipedia
النص الأصلي
زيارة المصدر
موقع الشريك
wikipedia gl Galician