A macela ou camomila[3] é unha planta herbácea aromática da familia das compostas (Matricaria chamomilla ou Matricaria recutita). Posúe un talo feble, ramudo, con flores de centro amarelo e corola branca. Emprégase como herba medicinal, pois posúe propiedades calmantes e dixestivas.
Sinónimos desta planta son: Chamomilla chamomilla, Chamomilla recutita (nome aceptado para a flora europea) e Matricaria suaveolens.
Ás veces emprégase como herba de San Xoán.
A macela común é unha planta herbácea, de talo cilíndrico, ergueito, ramoso, de até 50 cm de altura. Presenta follas alternas, bipinnatisectas, cos folíolos. En posición terminal presenta polo verán unha inflorescencia en forma de capítulo paniculado. As flores radiais son duns 20 mm, coa lígula branca, mentres que os do disco son numerosos, hermafroditas; o receptáculo é oco e carece de escamas, o que permite distinguila facilmente da macela brava Anthemis arvensis (L.) Pall. ex M.Bieb. . As flores son un pouco amargas e recendentes.
É nativa da rexión dos Balcáns, dende onde se espallou cara Europa. Está naturalizada en varias rexións do Novo Mundo. Cultívase tamén para o seu uso industrial. Medra de xeito doado en solos ben drenado, con bastante sol; resiste as xeadas, a escaseza de nutrientes e a acidez do solo.
O talo tenro e as sumidades floridas úsanse secos ou frescos en infusión, recendente e lixeiramente agre. Confúndase moitas veces coa macela brava: Chamaemelum nobile, e non é claro a cal se refiren os autores ao mencionar as súas propiedades medicinais, mais se considera dixestiva, carminativa, sedante, tónica, vasodilatadora e antiespasmódica.[4] O aceite esencial emprégase en aromaterapia, e a infusión das flores aplícase ao cabelo para incrementar a súa cor dourada e loura, en especial nos cativos.
O aceite esencial supón entre un 0,4 e un 1,0% da planta fresca; contén sesquiterpenoides (1-alfa-bisabolol e derivados: bisabolóxidos A, B e C, bisabonolóxido A), antecotulide, camazuleno, lactonas sesquiterpénicas, carburos terpénicos (cadineno, cis-espiro-éter e trans-espiro-éter, farneseno), flavonoides (apixenina, luteolina, quercetina e patuletina), cumarinas (dioxicumarina, herniarina, umbeliferona), resinas (triacontano, fitosterina), ácido valeriánico e fenois.
Emprégase medicinalmente como antiinflamatoria, antiespasmódica e ansiolítica, sen relaxación muscular.
Pode provocar dermatite de contacto en persoas sensíbeis, e se teñen informado casos de anafilaxe entre alérxicos.
Matricaria recutita foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 891. 1753.[5]
A macela ou camomila é unha planta herbácea aromática da familia das compostas (Matricaria chamomilla ou Matricaria recutita). Posúe un talo feble, ramudo, con flores de centro amarelo e corola branca. Emprégase como herba medicinal, pois posúe propiedades calmantes e dixestivas.
Sinónimos desta planta son: Chamomilla chamomilla, Chamomilla recutita (nome aceptado para a flora europea) e Matricaria suaveolens.
Ás veces emprégase como herba de San Xoán.