A lentella (Lens culinaris) é unha planta da familia dos legumes ou Fabaceae. É un arbusto de crecemento anual, duns 40 cm de alto. Cultívase polas súas sementes, que medran dentro de vaíñas usualmente de dúas en dúas. O nome provén da forma de lente que teñen esas sementes.
A planta probablemente ten a súa orixe na India, e foi parte da dieta humana dende tempos neolíticos, sendo un dos primeiros cultivos domesticados.
Cun 26%, a lentella é a terceira planta alimenticia cunha maior porcentaxe das súas calorías en forma de proteínas, despois da soia e os grans de cánabo[1]. Isto fai dela unha parte importante da dieta en moitas partes do mundo, especialmente no subcontinente indio, onde hai grandes poboacións vexetarianas. Son alimentos tradicionais, ademais de na India e Paquistán, na rexión mediterránea e no Medio Oriente.
Hai unha gran variedade de lentellas, con cores tan variadas coma o amarelo, vermello, verde, marrón ou negro:
Cociñar as lentellas aumenta a súa dixestibilidade, xa que o calor incide no nivel de antinutrientes coma pitatos e taninos, presentes nelas.[2] Algúns tipos de lentellas son tan duros que teñen que ser deixadas dun día para o outro a remollo antes de cocelas. A cocción dura entre 20 e 30 minutos, dependendo da variedade.
Mestúranse frecuentemente con arroz, xa que ten un tempo de cocemento similar. Este prato mesturado denomínase mujaddara no Medio Oriente, khichdi na India e kushari en Exipto.
En Galicia adóitanse preparar estufadas con chourizo e touciño, e mesmo mesturadas con arroz. Tamén se consomen cocidas con outros vexetais ou simplemente fervidas para o seu uso en ensaladas
Ademais do seu elevado grao de proteínas, as lentellas conteñen fibra, vitamina B1 e minerais[3][4]. A revista Health seleccionou as lentellas como un dos cinco alimentos máis saudables[5].
Son unha das mellores fontes vexetais de ferro. Isto fainas unha parte importante da dieta vexetariana, e útiles para prever a carencia de ferro en todo tipo de dietas, máis en particular para os adolescentes e mulleres en xestación[Cómpre referencia]
A FAO informou que a produción mundial no ano 2007 foi de 3,487 millóns de toneladas. Un terzo da produción mundial de lentellas dáse na India, seguida de Canadá co 17% e Turquía co 15%. Canadá, cuxa produción se concentra na rexión de Saskatchewan, é o maior exportador do mundo[6].
A lentella (Lens culinaris) é unha planta da familia dos legumes ou Fabaceae. É un arbusto de crecemento anual, duns 40 cm de alto. Cultívase polas súas sementes, que medran dentro de vaíñas usualmente de dúas en dúas. O nome provén da forma de lente que teñen esas sementes.