Festuca, as festucas[2], é un xénero de gramíneas (ou poáceas)[1] distribuídas nas rexións temperadas e en montañas de rexións tropicais. Comprende unhas 200 especies, moitas das cales considéranse excelentes forraxeiras e se cultivan para tal fin.
O xénero Festuca inclúe a herbas perennes, con follas planas, convolutas ou conduplicadas e espículas dispostas en espigas.
As espículas son pauci- ou plurifloras, comprimidas lateralmente, con raquilla artellada por riba das glumas e entre os antecios. As glumas son lineal-lanceoladas ou lanceoladas, agudas, desiguais, sendo menor a gluma inferior. As lemmas son lanceoladas ou oblongo-lanceoladas, membranosas ou papiráceas, arredondadas no dorso, 5-nervadas, agudas, xeralmente arestadas no ápice. A lemma é bicarenada. As flores son hermafroditas ou ben, as superiores masculinas. Os estames son 1 a 3, os estilos son curtos con estigmas plumosos. O cariopse é oblongo ou lineal.
Aínda que en agricultura algunhas especies son consideradas malezas, pola súa gran capacidade de rexeneración e a súa resistencia a desaparecer, son un forraxe moi nutritivo para os herbívoros e se utilizan a estas especies para alimento da fauna salvaxe e o gado doméstico e en programas de control para evitar a erosión dos solos.
Son gramíneas achegadas a Lolium moi difundidas e capaces de se adaptar aos máis diversos tipos de solos e climas, moi resistentes ás pisadas, agresivas, invasivas e persistentes. Son plantas pioneiras que sobreviven onde moitas especies leñosas non son quen de facelo e constitúen nalgunhas áreas o único alimento dispoñíbel. Algunhas especies están adaptadas a solos áridos, calcarios, areentos, xesosos, salobres ou tóxicos, con exceso de aluminio, cobre, mercurio e outros metais. En zonas apropiadas forman pradarías mestas.
A súa distribución é mundial, agás na Antártida.
O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 73–76. 1753.[3] A especie tipo é: Festuca ovina L.
O nome do xénero deriva do latín e significa talo de palla, tamén o nome dunha herba má entre o orxo.
O número cromosómico básico do xénero é x = 7, con números cromosómicos somáticos de 2n = 14, 28, 35, 42, 56 y 70, xa que hai especies diploides e unha serie poliploide. Cromosomas relativamente "grandes".[1]
Téñense descrito híbridos interxenéricos (notoxéneros) entre Festuca con Vulpia (× Festulpia Melderis ex Stace & R.Cotton), con Lolium (× Festulolium Ascher & Graebn.) e con Bromus (× Bromofestuca Prodan)[1][6]
Algunhas especies son parasitadas por fungos endófitos como Neotyphodium, Acremonium ou Claviceps, que se distribúen por toda a planta agás nas raíces e que produce substancias tóxicas alcaloides velenosas para o gado, que en cantidade elevada producen a morte, sendo tamén a causa de malpartos e anomalías físicas como peso baixo, malformacións ou ananismo.
Festuca, as festucas, é un xénero de gramíneas (ou poáceas) distribuídas nas rexións temperadas e en montañas de rexións tropicais. Comprende unhas 200 especies, moitas das cales considéranse excelentes forraxeiras e se cultivan para tal fin.
Festuca pratensis.