Os tripanosomátidos (Trypanosomatida) son un grupo de protozoos cinetoplástidos con categoría de orde que se distinguen por ter un só flaxelo. O nome deriva do grego trypano (trade) e soma (corpo) porque as especies máis características se desprazan cun movemento de sacarrollas. Todos os membros do grupo son exclusivamente parásitos, fundamentalmente de insectos.[1] Uns poucos xéneros teñen ciclos de vida que implican un hóspede secundario, o cal pode ser un vertebrado, invertebrado ou planta. Entre eles hai varias especies que causan importantes enfermidades nos humanos.[2]
A tres principais enfermidades humanas causadas por tripanosomátidos son: tripanosomíase africana (ou enfermidade do sono, causada por Trypanosoma brucei), tripanosomíase suramericana (ou enfermidade de Chagas, causada polo Trypanosoma cruzi), e leishmaníase (un conxunto de enfermidades tripanosómicas causadas por varias especies do xénero Leishmania).
Os membros antigos do grupo coñécese por fósiles como o do xénero extinguido Paleoleishmania preservado en ámbar de Birmania que data da idade ou piso Albiano (hai 100 millóns de anos no Cretáceo) e en ámbar dominicano do Burdigaliano (hai 20-15 millóns de anos no Neóxeno).[3] Do xénero Trypanosoma hai tamén fósiles na República Dominicana da especie extinguida Trypanosoma antiquus.[4]
Algúns tripanosomátidos só viven nun hóspede, mentres que outros son heteróxenos, xa que viven en máis dunha especie hóspede ao longo do seu ciclo de vida. Estes ciclos de vida heteróxenos desenvólvense xeralmente nos intestinos de insectos que zugan sangue e o sangue ou outros tecidos dos vertebrados. Hóspedes máis raros son outros invertebrados que se alimentan de sangue, como as sambesugas, e outros organismos como as plantas. As diferentes especies presentan un variado rango de morfoloxías nos sucesivos estadios do seu ciclo de vida, e a maioría teñen polo menos dúas morfoloxías. Tipicamente, as formas promastigota e epimastigota encóntranse en hóspedes insectos, as formas tripomastigota na corrente sanguínea de mamíferos, e os amastigotas son intracelulares.
No ciclo de vida dos tripanosomátidos aparecen varias morfoloxías, que se distinguen principalmente pola posición, lonxitude e modo de unión ao corpo celular do flaxelo. O cinetoplasto está estreitamente asociado co corpo basal da base do flaxelo, e todas as especies de tripanosomátidos teñen un só núcleo. A maioría destas morfoloxías poden encontrarse nalgunha fase do ciclo de vida en todos os xéneros de tripanosomátidos, aínda que certas morfoloxías son particularmente comúns en determinados xéneros. As diversas morfoloxías foron nomeadas orixinalmente a partir do xénero onde esta morfoloxía se atopaba comunmente, aínda que esta terminoloxía se usa hoxe pouco pola potencial confusión que pode producirse entre as morfoloxías e os xéneros. A terminoloxía moderna deriva do grego "mastig", que significa látego (facendo referencia ao flaxelo), e un prefixo que indica a localización do flaxelo na célula. Por exemplo, a forma amastigota (co prefixo "a-", que significa sen) non ten flaxelo e coñécese tamén como forma leishmanial, xa que todas as especies de Leishmania teñen un estadio coa forma amastigota no seu ciclo de vida.
Amastigota: micrografía de varrido con cor falsa dunha forma amastigota de Leishmania mexicana. O corpo da célula móstrase en laranxa e o flaxelo en vermello. 219 pixels/μm.
Promastigota: micrografía de varrido con cor falsa da forma promastigota de Leishmania mexicana. O corpo da célula móstrase en laranxa e o flaxelo en vermello. 119 pixels/μm.
Tripomastigota: micrografía de varrido con cor falsa dunha forma procíclica de Trypanosoma brucei. O corpo da célula móstrase en laranxa e o flaxelo en vermello. 84 pixels/μm.
Características notables dos tripanosomátidos son a súa capacidade de realizar o trans-splicing do ARN e a posesión de glicosomas nos cales se realiza boa parte da glicólise. O orgánulo acidocalcisoma identificouse por primeira vez en tripanosomas.[6]
Os tripanosomátidos (Trypanosomatida) son un grupo de protozoos cinetoplástidos con categoría de orde que se distinguen por ter un só flaxelo. O nome deriva do grego trypano (trade) e soma (corpo) porque as especies máis características se desprazan cun movemento de sacarrollas. Todos os membros do grupo son exclusivamente parásitos, fundamentalmente de insectos. Uns poucos xéneros teñen ciclos de vida que implican un hóspede secundario, o cal pode ser un vertebrado, invertebrado ou planta. Entre eles hai varias especies que causan importantes enfermidades nos humanos.
A tres principais enfermidades humanas causadas por tripanosomátidos son: tripanosomíase africana (ou enfermidade do sono, causada por Trypanosoma brucei), tripanosomíase suramericana (ou enfermidade de Chagas, causada polo Trypanosoma cruzi), e leishmaníase (un conxunto de enfermidades tripanosómicas causadas por varias especies do xénero Leishmania).
Os membros antigos do grupo coñécese por fósiles como o do xénero extinguido Paleoleishmania preservado en ámbar de Birmania que data da idade ou piso Albiano (hai 100 millóns de anos no Cretáceo) e en ámbar dominicano do Burdigaliano (hai 20-15 millóns de anos no Neóxeno). Do xénero Trypanosoma hai tamén fósiles na República Dominicana da especie extinguida Trypanosoma antiquus.