dcsimg

Mugil cephalus ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Mugil cephalus.jpg
 src=
Banco de muxes en Cartaxena, España.

O Mugil cephalus é unha especie de peixes mariños eurihalinos da familia dos muxílidos, un dos varios peixes desa familia que se chaman muxe, cabezudo ou limoso.[2]

É unha especie costeira especialmente diúrna que a miúdo entra en estuarios e ríos. Adoita formar bancos en fondos areosos ou de lama, alimentándos de zooplancto. Os peixes adultos normalmente aliméntanse de algas en auga doce. As especie é eurihalina, o que significa que o peixe pode aclimatarse a diferentes niveis de salinidade.[3]

Características

O seu dorso é verde oliva, os laterais son prateados e degrádanse a branco cara ao ventre.[4] O peixe pode ter de seis a sete distintivas bandas horizontais laterais. Os labios son delgados.[4] Non ten liña lateral. Adoita medir uns 50 cm, e a súa lonxitude máxima é de 100 cm.[4] Pode chegar a un peso máximo de 8 kg.[3]

Área de distribución

A súa distribución xeográfica é ampla, sendo moi común en augas costeiras debido ás súas características, que lle permiten soportar temperaturas elevadas, salinidades variables e certos niveis de contaminación orgánica. O Mugil cephalus habita nas augas costeiras da maioría das rexións tropicais e subtropicais.[5] No Atlántico occidental, encóntrase desde a península de Nova Escocia ata Arxentina, incluíndo o Golfo de México,[5] aínda que está ausente das Bahamas e o Caribe. No Atlántico oriental, habita desde o golfo de Biscaia ata o sur de África. Encóntrase tamén en todo o mar Mediterráneo e no mar Negro. A distribución no Pacífico oriental abrangue desde o sur de California ata Chile.[5]

É catádromo, e pode encontrarse frecuentemente en ambientes estuarinos e de auga doce.[5] En Estados Unidos pode atoparse no río Colorado.[6]

Reprodución

Durante os meses de outono e inverno, os adultos migran dos estuarios ao mar en grandes congregacións para desovar. A fecundidade estímase en 0,5 a 2,0 millóns de ovos por femia, dependendo do tamaño do adulto.[5] A eclosión ocorre ao cabo de 48 horas despois da fertilización,[5] liberándose larvas de 2,4 mm de lonxitude.[5] Cando as larvas alcanzan de 16 a 20 mm, migran a augas interiores ou estuarios, onde poden ser recollidas para a acuicultura desde finais de agosto a principios de decembro.[5]

Pesca e acuicultura

É un peixe importante na alimentación humana en todo o mundo, e péscase ou cultívase en granxas de acuicultura. As capturas pesqueiras mundiais desta especie en 2012 foron de 130.000 toneladas e a produción en acuicultura foi de 142.000 toneladas.[7]

En Europa, en gran parte da costa mediterránea de España e Occitania e amplas zonas costeiras de Italia (Calabria, Sardeña, Sicilia, Toscana etc.) é moi valorado pola súa carne e, especialmente, polas súas ovas ou bragadas, que se preparan en salazón e secas, que tamén se consomen en países asiáticos. En Florida e Alabama a súa carne consómese en restaurantes de marisco.

Notas

  1. Freyhof, J. y Kottelat, M. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para muxe.
  3. 3,0 3,1 Minckley, W.L. 1973. Fishes of Arizona. Arizona Game and Fish Department, Phoenix. pp. 257-258.
  4. 4,0 4,1 4,2 Froese, Rainer; Pauly, Daniel, eds. (Abril de 2014). "Mugil cephalus". FishBase (en inglés).
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Mugil Cephalus: Distribución y hábitat
  6. Animal abstract: Mugil cephalus Arquivado 31 de decembro de 2016 en Wayback Machine. ARIZONA GAME AND FISH DEPARTMENT
  7. "FAO Fisheries & Aquaculture - Species Fact Sheets - Mugil cephalus (Linnaeus, 1758)". fao.org. Arquivado dende o orixinal o 2015-11-05. Consultado o 2016-04-30.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Arthur, J.R. & Lumanlan-Mayo, S. 1997. Checklist of the parasites of fishes of the Philippines. FAO Fisheries Technical Paper No. 369. FAO, Rome, Italy. 102 pp.
  • Badran, A.F. 1994. Preliminary investigations on streptococcosis among freshwater and marine fishes. Veterinary Medical Journal Giza, 42(1B): 257–262.
  • Chen, S.C., Liaw, L.L., Su, H.Y., Ko, S.C., Wu, C.Y., Chaung, H.C., Tsai, Y.H., Yang, K.L., Chen, Y.C., Chen, T.H., Lin, G.R., Cheng, S.Y., Lin, Y.D., Lee, J.L., Lai, C.C., Weng Y.J. & Chu, S.Y. 2002. Lactococcus garvieae, a cause of disease in grey mullet, Mugil cephalus L., in Taiwan. Journal of Fish Diseases, 25:727–732.
  • FAO. 1995. Code of Conduct for Responsible Fisheries. FAO, Rome, Italy. 41 pp.
  • Harrison, I.J. & Senou, H. 1999. Order Mugiliformes. Mugilidae. Mullets. In: K.E. Carpenter & V.H. Niem (eds.), FAO species identification guide for fishery purposes. The living marine resources of the Western Central Pacific. Volume 4. Bony fishes Part 2 (Mugilidae to Carangidae), pp. 2069–2108. FAO, Rome, Italy.
  • Oren, O.H. 1981. Aquaculture of grey mullets. (International Biological Programme No. 26). Cambridge University Press, Cambridge, England. 507 pp.
  • Plumb, J.A. 1999. Edwardsiella Septicaemias. In: P.T.K. Woo & D.W. Bruno (eds.), Fish Diseases and Disorders, Vol. 3: Viral, Bacterial and Fungal Infections, pp. 479–521. CABI, New York, USA.

  • Froese, Rainer; Pauly, Daniel, eds. (January de 2006). "Mugil cephalus". FishBase (en inglés).
  • Tony Ayling & Geoffrey Cox, Collins Guide to the Sea Fishes of New Zealand, (William Collins Publishers Ltd, Auckland, New Zealand 1982) ISBN 978-0-00-216987-5
  • Economic marine fishes of Hong Kong
  • Instituto Veneto di scienze, lettere ed arti environmental database on the pool of Venice
  • Cita web
  • licença
    cc-by-sa-3.0
    direitos autorais
    Autores e editores de Wikipedia
    original
    visite a fonte
    site do parceiro
    wikipedia gl Galician

    Mugil cephalus: Brief Summary ( Galego )

    fornecido por wikipedia gl Galician
    Mugil cephalus.jpg  src= Banco de muxes en Cartaxena, España.

    O Mugil cephalus é unha especie de peixes mariños eurihalinos da familia dos muxílidos, un dos varios peixes desa familia que se chaman muxe, cabezudo ou limoso.

    É unha especie costeira especialmente diúrna que a miúdo entra en estuarios e ríos. Adoita formar bancos en fondos areosos ou de lama, alimentándos de zooplancto. Os peixes adultos normalmente aliméntanse de algas en auga doce. As especie é eurihalina, o que significa que o peixe pode aclimatarse a diferentes niveis de salinidade.

    licença
    cc-by-sa-3.0
    direitos autorais
    Autores e editores de Wikipedia
    original
    visite a fonte
    site do parceiro
    wikipedia gl Galician