dcsimg

Peto formigueiro ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

O peto formigueiro (Jynx torquilla) é unha ave de hábitos migratorios pertencente á familia dos pícidos, dentro da orde dos piciformes. Habita en bosques, selvas, parques e zonas con árbores illados en Europa, Asia e África.

Características

 src=
Jynx torquilla

A súa lonxitude rolda os 16 cm e o seu aspecto externo e comportamento gardan maiores semellanzas cos paseriformes que con calquera peto. A coloración da súa plumaxe e moi mimética: parda cinsenta nas partes superiores e máis amarelenta con roscos pardos próximas nas partes inferiores. Presenta, á vez, uns riscos escuras nos ollos e barras da mesma coloración na súa cola. Esta plumaxe críptica xunto ao seu pequeno peteiro diferénzano notablemente doutras especies da orden. Con todo, as súas patas presentan dous dedos dirixidos cara adiante e dous restantes, cara atrás, característica propia dos paxaros carpinteiros. As plumas do píleo (a parte superior da cabeza) son eréctiles, e se sente ameazado, erízaas, torce o pescozo cara atrás e esténdeo logo axiña.

Hábitos

Aliméntase no chan e rube polos troncos como os demais paxaros carpinteiros, comendo formigas e outros insectos. Aniña en cavidades das árbores e buratos da cachotería de edificios. Realiza unha única posta anual -ocasionalmente, dúas- constituída normalmente de entre 7 e 10 ovos, aínda que ás veces poden ser 5 ou 14. Os ovos son de cor branca. Ambos os dous proxenitores encárganse da incubación, a cal toma entre 12 e 14 días. Os pitos, nidícolas, son alimentados polos seus dous pais ata que abandonan o niño entre 19 e 21 días despois do seu nacemento. Esta especie reprodúcese en rexións tépedas de Europa e Asia, e migra cara a África tropical e Asia meridional para pasar o inverno.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Peto formigueiro: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

O peto formigueiro (Jynx torquilla) é unha ave de hábitos migratorios pertencente á familia dos pícidos, dentro da orde dos piciformes. Habita en bosques, selvas, parques e zonas con árbores illados en Europa, Asia e África.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician