A Orde Rosales é un taxon incluído na subclase Rosidae, clase Magnoliopsida, segundo Cronquist. Rosales é a orde superior á familia Rosaceae (rosáceas).
É unha das ordes máis importantes pola variedade e diversidade dos individuos que agrupa. Está composto por case 8.000 especies segundo APG II. Rosales está en constante revisión (como outros taxons) e as familias emparentadas cambian a miúdo de taxon en función dos criterios de categorización, facendo variar o número de especies incluídas nos grupos.
O grupo raíz de Rosales ten unha antigüidade aproximada de 89 a 88 millóns de anos, e a diverxencia do grupo capital comeza fai uns 76 millóns de anos. O taxón Rosales contén case un 2% de diversidade das "eudicotas".
O taxon Rosales caracterízase por:
A seguinte lista mostra a categorización clásica de Cronquist (1981) que agrupa a 24 familias (primeira columna en letra grosa) dentro de Rosales. á beira de cada familia, a reagrupación filogenética (→ segunda columna) segundo APG-II cando corresponde.
A seguinte lista mostra a "nova" clasificación filoxenética das familias dentro de Rosales segundo o APG-II (2003). A Orde Rosales "reclasificado" inclúe 9 familias, con 261 xéneros e aproximadamente 7725 especies.
Rosaceae é a familia cardinal do taxon, representa un 37% dos Rosales, con 95 xéneros e aproximadamente 2830 especies. Rosaceae e Urticaceae son as familias máis numerosas e representan máis do 70% das especies do taxón Rosales (logo Moraceae con 14% e Rhamnaceae con 12%).
Cladograma esquemático representando a relación filética das familias de roseiras:
Orde Rosales § §Outras ordes clasicamente relacionadas co taxón Rosales (Cronquist, 1981), agrupados baixo a Subclase Rosidae:
Outras ordes actualmente relacionadas co taxón Rosales (APG-II), reagrupados noutras categorías superordinadas:
NÚCLEO DE EUDICOTAS
O taxon Fabales é o máis próximo filoxenéticamente a Rosales, séguenlle Cucurbitales e Fagales (todos son Eurósidas tipo I).