dcsimg
Image of common flax
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » Flax Family »

Common Flax

Linum usitatissimum L.

Liñaza ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Liñaza (sementes de liño)

A liñaza é a semente do liño (Linum usitatissimum)[1]. Úsase para consumo humano, por exemplo en infusións ou para elaborar o gofio (fariña tradicional da cociña canaria, elaborada a partir de grans de cereais torrados, especialmente de millo ou trigo[2]). Da semente tírase o aceite de liñaza, que é rico en ácidos graxos das series Omega 3, Omega 6, e Omega 9. Este aceite úsase ademais na industria cosmética, na fabricación del linóleo e na dilución para tintura de teas. A calidad deste varía tanto coa calidade da materia prima empregada como cos procesos de prensado empregados para a súa extracción. Pódese diferenciar basicamente o aceite obtido en frío, de maior calidade, do obtido con axuda de temperatura. A calidade varía de diversos factores, entre eles o contido de mucilaxes.[3]

Os aceites secantes empregados primordialmente en actividades artísticas son: o de liñaza, durmideira e de noces; todos eles con características no secado e emprego particulares. Como unha variación deste aceite atópase o aceite negro, cuxo descubrimento atribúese a Jan Van Eyck. Prodúcese cocendo o aceite de liñaza con carbonato de chumbo a un 10 por cento e dentes de allo como catalizador. Obtense un aceite mestoque se filtra cando se decanta o carbonato de chumbo, que aparece como cinsento plúmbeo. Este aceite negro pódese decolorar e converter en rubio, baténdoo con auga osixenada.

A liñaza ten propiedades nutricionais interesantes e efectos potencialmente beneficiosos para a saúde. Estas propiedades débense á súa composición química, como a gran cantidade de fibra dietética, ácidos graxos poliinsaturados e fitoquímicos como os lignanos. Un 25-30% da semente de liñaza componse de fibra dietética da cal unha terceira parte é fibra solúbel e o resto fibra insolúbel.

Usos

O aceite de liñaza úsase na medicina alternativa como laxante lixeiro, por mor do se contido en ácido linólico.

En Bolivia, Perú e Colombia prepárase un refresco a base de liñaza moia, acompañada dun pouco zume de limón.

O aceite de liñaza tamén é apreciado nas dietas vexetarianas e/ou veganas, xa que é a principal fonte vexetal de ácidos omegas esenciais para o organismo.

Notas

  1. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=li%C3%B1aza&sinom=0&homonimo= |título=Nome e definición en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=07 de decembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141208104712/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=li%C3%B1aza&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=08 de decembro de 2014 |urlmorta=si }}
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Ricky W. Fedeniuk, Costas G. Biliaderis. 1994. Composition and physicochemical properties of linseed (Linum usitatissimum L.) mucilage. Journal of Agricultural and Food Chemistry 42 (2): 240-247.'

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Liñaza: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Liñaza (sementes de liño)

A liñaza é a semente do liño (Linum usitatissimum). Úsase para consumo humano, por exemplo en infusións ou para elaborar o gofio (fariña tradicional da cociña canaria, elaborada a partir de grans de cereais torrados, especialmente de millo ou trigo). Da semente tírase o aceite de liñaza, que é rico en ácidos graxos das series Omega 3, Omega 6, e Omega 9. Este aceite úsase ademais na industria cosmética, na fabricación del linóleo e na dilución para tintura de teas. A calidad deste varía tanto coa calidade da materia prima empregada como cos procesos de prensado empregados para a súa extracción. Pódese diferenciar basicamente o aceite obtido en frío, de maior calidade, do obtido con axuda de temperatura. A calidade varía de diversos factores, entre eles o contido de mucilaxes.

Os aceites secantes empregados primordialmente en actividades artísticas son: o de liñaza, durmideira e de noces; todos eles con características no secado e emprego particulares. Como unha variación deste aceite atópase o aceite negro, cuxo descubrimento atribúese a Jan Van Eyck. Prodúcese cocendo o aceite de liñaza con carbonato de chumbo a un 10 por cento e dentes de allo como catalizador. Obtense un aceite mestoque se filtra cando se decanta o carbonato de chumbo, que aparece como cinsento plúmbeo. Este aceite negro pódese decolorar e converter en rubio, baténdoo con auga osixenada.

A liñaza ten propiedades nutricionais interesantes e efectos potencialmente beneficiosos para a saúde. Estas propiedades débense á súa composición química, como a gran cantidade de fibra dietética, ácidos graxos poliinsaturados e fitoquímicos como os lignanos. Un 25-30% da semente de liñaza componse de fibra dietética da cal unha terceira parte é fibra solúbel e o resto fibra insolúbel.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Liño ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O liño ou liñaceira (Linum usitatissimum) é unha planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das lináceas. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos botánicos co nome de Linum usitatissimum L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.

 src=
Flor de liño

Historia

Non se coñece a data e o lugar nos que o home utilizou por primeira vez as fibras flexíbeis do liño para confeccionar o tecido, nin cando a planta comezou a ser cultivada. Desde 2.500 anos a.C. o liño era cultivado no Exipto, e o Libro de Moisés refírese á perda dunha colleita de liño como unha “praga” ou desgraza, tal era a súa importancia na vida das poboacións. As cortinas e o Veo do Tabernáculo e as Vestes de Arón como oficiante eran en “liño fino retorcido”. A túnica de Cristo era de liño sen costuras.

As zonas de cultivo

Encóntranse hoxe en día case exclusivamente en Europa. Bélxica e os Países Baixos fornecen as mellores calidades de liño.

Tipos

Plántanse tres tipos de liño:

  • Liño de fibras (liño para debullar), para a obtención de fibras téxtiles;
  • Da semente, para a obtención de aceite de liñaza, base da pintura ao óleo.
  • Liño de cruzamento, conseguido polo cruzamento do liño de fibras co de aceite; foi desenvolvido para dar un rendemento suficiente de fibras e aceite.

En Galiza

 src=
Sobre a mesa, a "espadela"; á súa esquerda, en pé, a "espadeleira".
 src=
"Restrelo" para aseda-lo liño.

O liño foi a fibra tradicional cultivada en Galiza e aínda que o seu cultivo case desapareceu, foi recuperado nos anos oitenta por iniciativa dos deseñadores galegos, especialmente por Adolfo Domínguez, pero a súa presenza segue a ser testemuñal.

En 2009 a cooperativa Feiraco tamén se sumou á recuperación do liño, como complemento natural para a alimentación das vacas.[1]

O liño na cultura popular galega

  • Liño bo, liño malo, todo frolece en maio.
  • Liño de Holanda, pesa e non anda.
  • Pró liño, sete voltas de rella e a caghalla da ovella.

Notas

  1. Feiraco planta liño en Galicia para mellorar a alimentación das vacas. Telexornal 04/06/2009 (TVG)

Véxase tamén

Bibliografía

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Liño: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O liño ou liñaceira (Linum usitatissimum) é unha planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das lináceas. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos botánicos co nome de Linum usitatissimum L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.

 src= Flor de liño
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician