dcsimg

Alburno ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O alburno (Alburnus alburnus) é un peixe de auga doce da familia dos ciprínidos.

Descrición

Alburnus.jpg

O seu corpo é alongado e plano. A cabeza é puntiaguda e a súa boca relativamente pequena está xirada para arriba. A aleta anal é longa e ten de 18 a 23 raios. A liña lateral é completa. Ten unha cor prateada brillante, e as aletas son puntiagudas e sen cor. A súa lonxitude máxima é de aproximadamente 25 cm.

Especie invasora na península Ibérica

Na península Ibérica introduciuse esta especie de forma ilegal como peixe para alimentar a outras especies exóticas tamén invasoras predadoras, en especial o blackbass e o lucio. Debido ao seu potencial colonizador e a constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitat ou os ecosistemas, esta especie foi catalogada no Catálogo español de especies exóticas invasoras, aprobado polo Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro, e está prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.

Distribución no mundo

Vive en Europa e Asia occidental. Aparece no norte do Cáucaso, Pireneos e Alpes, e cara ao leste desde a conca do río Volga e no noroeste de Turquía. Está ausente da maior parte das penínsulas do sur de Europa e da maioría das illas británicas, agás do sur de Inglaterra, aínda que foi introducido localmente (e converteuse en especie invasora) en España, Portugal, e Italia.

 src=
Cores brillantes e perladas da cabeza do alburno cando lle dá a luz solar directa.

Ecoloxía

Vive en grandes bancos e aliméntase de pequenos moluscos, insectos que caen á auga, larvas de insectos, vermes e detritos vexetais. Encóntrase en corentess e lagos. Prefire as augas abertas e encóntrase en grande número onde haxa un fluxo de comida procedente de estacións de bombeo ou detrás de represas.

Desove

Desova preto da beiras dos ríos en augas pouco profundas. Algunhas postas encontráronse en augas profundas. O substrato non é importante. Poñen de 5000 a 6500 ovos por femia, que fan eclosión en 5-10 días e as crías maduran en 2 ou 3 anos.[1]

Importancia

É unha importante fonte de alimento para outros peixes predadores. É máis sensible á polución que outros ciprínidos, o que podería explicar o ser declive no noroeste de Europa.

Usos

Tense utilizado como isco na pesca deportiva doutros peixes máis grandes. Antes, das súas escamas extraíase un material que se utilizaba para recubrir as perlas artificiais.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Peter S. Maitland, Keith Linsell. Guía de los peces de agua dulce de Europa. Editorial Omega, Barcelona, 1980. Páxina 158. ISBN 84-282-0566-3

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Alburno: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O alburno (Alburnus alburnus) é un peixe de auga doce da familia dos ciprínidos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician