dcsimg

Tiburón oceánico ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O tiburón oceánico[3] ou tiburón de puntas brancas (Carcharhinus longimanus) é un tiburón peláxico grande que vive nos mares tropicais e temperados cálidos. É de constitución robusta e destaca especialmente polas súas aletas longas, arredondeadas e coas puntas brancas.

É un peixe agresivo, pero de movementos lentos, cun marcado frenesí devorador, motivo polo cal é un perigo para os náufragos e superviventes no océano en accidentes; atacou máis humanos que tódalas outras especies de tiburóns xuntas.[4][5] Estudos recentes[1][6] demostraron que as súas poboacións se atopan nun marcado declive, xa que as súas grandes aletas teñen moito valor como ingrediente principal da sopa de aleta de tiburón e, como outras especies de tiburón, sofre unha presión crecente por parte da pesca no seu ámbito de distribución.

Notas

  1. 1,0 1,1 IUCN. "IUCN Red List of Threatened Species: Carcharhinus longimanus". Consultado o 18 de xullo de 2006.
  2. Fishbase.org
  3. Lahuerta e Vázquez (2000), pp. 182-182.
  4. Martin, R. Aidan. ReefQuest, ed. "Elasmo Research". Consultado o 6 de febreiro de 2006.
  5. Bass, A.J., J.D. D'Aubrey & N. Kistnasamy. 1973. "Sharks of the east coast of southern Africa. 1. The genus Carcharhinus (Carcharhinidae)." Invest. Rep. Oceanogr. Res. Inst., Durban, no. 33, 168 pàg.
  6. Baum, J.K. i Myers, R.A. 2004. Shifting baselines and the decline of pelagic sharks in the Gulf of Mexico. Ecology Letters. 7(3): 135–45.

Véxase tamén


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Tiburón oceánico: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O tiburón oceánico ou tiburón de puntas brancas (Carcharhinus longimanus) é un tiburón peláxico grande que vive nos mares tropicais e temperados cálidos. É de constitución robusta e destaca especialmente polas súas aletas longas, arredondeadas e coas puntas brancas.

É un peixe agresivo, pero de movementos lentos, cun marcado frenesí devorador, motivo polo cal é un perigo para os náufragos e superviventes no océano en accidentes; atacou máis humanos que tódalas outras especies de tiburóns xuntas. Estudos recentes demostraron que as súas poboacións se atopan nun marcado declive, xa que as súas grandes aletas teñen moito valor como ingrediente principal da sopa de aleta de tiburón e, como outras especies de tiburón, sofre unha presión crecente por parte da pesca no seu ámbito de distribución.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician