dcsimg

Pingüín de Humboldt ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O pingüín de Humboldt (Spheniscus humboldti) é unha especie de ave non voadora esfenisciforme da familia Spheniscidae. Habita no Océano Pacífico ó longo da costa oeste de Suramérica no Perú e Chile a que é percorrida pola Corrente de Humboldt ou Peruana, dende os 5º ós 41º 55' graos de latitude sur. Moi raramente atopáronse exemplares divagantes nas costas do Pacífico de Ecuador e Colombia. Mencionouse o seu achado na Patagonia arxentina e mesmo un espécime recadado en Punta Quilla, que en realidade pertence a Speniscus magellanicus. Nos últimos anos as súas poboacións reducíronse drasticamente a consecuencia da escaseza de lugares de nidificación, redución na oferta de alimentos, depredación por parte do home e, sobre todo, o impacto de fenómenos climáticos severos, como El Niño.

Hábitat

É endémico da corrente de Humboldt; nidifica na costa occidental de América do Sur, dende o Perú até Chiloé, en Chile.[2]

Notas

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Pingüín de Humboldt: Brief Summary ( Galician )