Tagetes erecta é unha especie de planta do xénero Tagetes que é orixinaria de México. En México, tamén é coñecida como cempasúchil, cempoalxóchitl, cempaxochitl, cempoal ou flor de mortos, e atópase en estado salvaxe nos estados de México, Puebla, e Veracruz.
Planta herbácea anual ou perenne, de días curtos cuxa altura rolda entre 30 e 110 cm. A raíz é cilíndrica, pivotante, cun sistema ramificado fibroso e pouco profundo. O talo é estriado, liso ou lixeiramente con velosidades, cilíndrico, con canles de resina na cortiza, son aromáticos ó esmagarse. Follas opostas na parte inferior, alternas na parte superior, até 20 cm de longo, pinnadas, compostas de 11 a 17 foliolos, lanceolados a linear-lanceolados, de até 5 cm de longo e 1,5 cm de ancho, agudos a acuminados, aserrados a subenteiros.