O carrán pequeno[2][3] ou carrán pirrí[4] (Sternula albifrons, antes Sterna albifrons) é unha ave da familia Sternidae, que se encontra en Eurasia, África e Oceanía.
Anteriormente incluíase no xénero Sterna, que actualmente se restrinxe para os grandes carráns (Bridge et al., 2005). Ademais dúas variedades que inicialmente se consideraban subespecies do carrán pequeno (S. a. antillarum e S. a. saundersi) actualmente son considerads especies separadas: Sternula antillarum e Sternula saundersi.
Recoñécense tres subespecies:
A etimoloxía do seu nome científico é moi descritiva, en latín Sternula significa 'pequeno carrán' e albifrons significa 'de fronte branca'.
É pequeno en comparación con outros carráns, mide de 22 a 24 cm e ten unha envergadura alar de 51 a 56 cm.[5] Polo seu tamaño e a fronte branca da súa plumaxe nupcial é pouco probable confundilos con outras especies, agás con Sterna nereis e o Sternula saundersi. A plumaxe do adulto en verán ten o dorso e partes superiores de cor gris clara e as partes inferiores brancas, igual que a súa cola curta e forcada; e as plumas primarias máis externas son escuras.[5] O bico estreito e bicudo é de cor amarela e ten a punta negra e as patas tamén son amarelas.[5] Na cabeza presenta un casquete negro que se estende cara atrás por debaixo da caluga, interrompido por unha mancha branca na fronte. En inverno a mancha branca da súa fronte é máis ampla, o bico vólvese negro e a cor das patas faise máis apagada.[5]
O carrán pequeno cría nas costas e zonas húmidas da Eurasia temperada e tropical. É unha ave migratoria que se despraza para pasar o inverno nos océanos tropicais e subtropicais, chegando ata Suráfrica e Australia. É unha das especies ás que se lle aplica o Tratado sobre a Conservación das Aves Acuáticas Migratorias Africano-euroasiático (AEWA).
Cría en colonias en praias de grava ou illas. Pon de dous a catro ovos no chan. Como outros carráns é agresivo para defender o seu niño e polos e ataca os intrusos que se acheguen a eles.
Aliméntase de peixes, crustáceos e insectos. Como a maioría dos carráns, o carrán pequeno pesca lanzándose en picado á auga, xeralmente en medios salinos. Unha ofrenda de peixe que fai o macho á femia forma parte do seu ritual de cortexo.
O carrán pequeno ou carrán pirrí (Sternula albifrons, antes Sterna albifrons) é unha ave da familia Sternidae, que se encontra en Eurasia, África e Oceanía.