O cogomelo de pé aveludado[1] (Flammulina velutipes), tamén coñecido cos nomes orientais de enoki (エノキ en xaponés) ou cogomelo de agulla de ouro (金針菇 en chinés[2] é un fungo que forma parte dunha familia de cogomelos brancos alongados e finos populares en varias gastronomías asiáticas (tales como a chinesa, xaponesa e coreana). Estes cogomelos pertencen ao xénero Flammulina. Variantes bravas distínguense na cor, textura e grosor e se lles denomina tamén "cogomelo do inverno" ou "talo aveludado".
O cogomelo pódese adquirir natural ou enlatado. Sóese empregar na preparación de sopas, aínda que tamén se poden atopar en ensaladas e outros pratos. Teñen unha textura crocante e se poden conservar no frío até unha semana. Os expertos recomendan enokis frescos de chapeu firme branco e brillante, e cómpre evitarmos aqueles cun pé mucoso ou marrón.[3]
O cogomelo adoita medrar nos toros do lodoeiro chinés (Celtis sinensis), denominado enoki no Xapón, aínda que tamén poden atoparse noutras árbores coma as moreiras ou os caquiceiros. A diferenza na aparencia dos cogomelos salvaxes e cultivadas é notoria. Os cogomelos cultivados non están expostos á luz, resultando nunha cor abrancazada, mentres que os bravos adoitan ter unha cor acastañada escura. Os cogomelos cultivados medran nunha contorna de alta concentración de CO2 para produciren pés magros e alongados, mentres que os bravos teñen os pés máis curtos e grosos.
A variedade que se atopa nos supermercados é sempre a cultivada, normalmente nunha botella de plástico ou nunha saqueta de vinilo durante 30 días a 15 °C e unha humidade do 70%, nun substrato de serraduras ou mazaroca de millo, ademais doutros ingredientes. Máis tarde, o cogomelo medra durante outros trinta días nunha contorna máis frío pero máis húmida. O crecemento está restrinxido a un papel de forma cónica para obrigar ao cogomelo a medrar de xeito magro e alongado. Os cogomelos dos supermercados a miúdo teñen mostras da botella arredor da base.[4]
O cogomelo é moi sinxelo de cultivar e ten crecido no Xapón durante máis de 300 anos, ao comezo en madeira e despois en botellas. Pódense mercar tamén os kits para o seu cultivo.
En América do Norte pódese atopar unha segunda especie, Flammulina populicola, que tamén se cultiva.
O termo enokitake (en xaponés:榎茸、エノキタケ), enokidake (xaponés:榎茸、エノキダケ), ou enoki (en xaponés:榎、エノキ) deriva do xaponés. En chinés, o cogomelo denomínase jīnzhēngū (金針菇) ou jīngū (金菇). En coreano chámase de paengi beoseot (팽이버섯) e en vietnamita kim châm ou trâm vàng.
Os cogomelos enokitake posúen antioxidantes[5][6] ao igual que a ergothioneine.[6]
Estudos da Universidade Nacional de Singapur publicados por vez primeira en 2005 confirmaron que o pé deste cogomelo contén unha gran cantidade de proteínas, denominadas five, que axudan a regular o sistema de inmunidade. Ensaios en animais indicaron posíbeis usos en vacinas e inmunoloxía de tumores.[7] Tamén contén flammutoxín, unha proteína citólica e cardiotóxica[8][9] que posibelmente apenas pode absorberse de xeito oral.
O cogomelo de pé aveludado (Flammulina velutipes), tamén coñecido cos nomes orientais de enoki (エノキ en xaponés) ou cogomelo de agulla de ouro (金針菇 en chinés é un fungo que forma parte dunha familia de cogomelos brancos alongados e finos populares en varias gastronomías asiáticas (tales como a chinesa, xaponesa e coreana). Estes cogomelos pertencen ao xénero Flammulina. Variantes bravas distínguense na cor, textura e grosor e se lles denomina tamén "cogomelo do inverno" ou "talo aveludado".
O cogomelo pódese adquirir natural ou enlatado. Sóese empregar na preparación de sopas, aínda que tamén se poden atopar en ensaladas e outros pratos. Teñen unha textura crocante e se poden conservar no frío até unha semana. Os expertos recomendan enokis frescos de chapeu firme branco e brillante, e cómpre evitarmos aqueles cun pé mucoso ou marrón.