Os Fibrobacteres son un pequeno filo de bacterias no que se inclúen moitas das bacterias máis importantes do rume do aparato dixestivo de moitos herbívoros, que interveñen na degradación da celulosa das plantas das que se alimentan os animais ruminantes. Membros deste filo estaban situados noutros filos. O único xénero de Fibrobacteres é Fibrobacter, que foi separado do xénero Bacteroides en 1988, no que estivo clasificado.[1]
O filo Fibrobacteres considérase que está moi relacionado co grupo CFB [Cytophaga-Flavibacterium-Bacteroides].[3] O único xénero do filo, Fibrobacter, contén estirpes obtidas no tracto gastrointestinal de moitos mamíferos, como vacas e porcos.[4] Describíronse neste xénero dúas especies, que son: Fibrobacter succinogenes e Fibrobacter intestinalis, que recibiron moita atención nos últimos anos debido ao interese que hai en estudar os microbios que poden degradar a fibra vexetal.
Probas moleculares baseadas na amplificación dos xenes do ARNr 16S de mostras tomadas de varios ambientes suxiren que o filo está moito máis amplamente distribuído do que se pensaba anteriormente.[5][6] A maioría dos clons procedentes de ambientes mamíferos agrúpanse xunto cos clons illados xa coñecidos no chamado subfilo 1 de Fibrobacteres.[6] Ademais, membros de Fibrobacteres do subfilo 2 foron atopados no aparato dixestivo das térmites.[6] Debido á falta de representantes cultivados do subfilo 2, aínda non está claro a función que exercen no aparato dixestivo das térmites.
Os Fibrobacteres son un pequeno filo de bacterias no que se inclúen moitas das bacterias máis importantes do rume do aparato dixestivo de moitos herbívoros, que interveñen na degradación da celulosa das plantas das que se alimentan os animais ruminantes. Membros deste filo estaban situados noutros filos. O único xénero de Fibrobacteres é Fibrobacter, que foi separado do xénero Bacteroides en 1988, no que estivo clasificado.