As Estafilococáceas ou Staphylococcaceae son unha familia de bacterias grampositivas entre as que se inclúe o xénero Staphylococcus, que contén un patóxeno humano clinicamente importante.
A familia Staphylococcaceae tal como foi descrita en 2010 está composta por bacterias grampositivas heterótrofas cun contido G+C baixo, igual que en todas as Firmicutes, non formadoras de esporas. Todas as especies desta familia son normalmente anaerobias facultativas e con forma de cocos (no xénero Gemella hai tamén bacilos) e inmóbiles. Reducen nitratos a nitritos e amonio (desnitrificación) se non hai oxíxeno dispoñible, e o nitrato funciona como aceptor de electróns na respiración anaerobia que ten lugar durante a desnitrificación.
Os cinco xéneros Jeotgalicoccus, Macrococcus, Nosocomiicoccus, Salinicoccus e Staphylococcus están incluídos na LPSN[1] nesta familia, mentres que a posición de Gemella, outro xénero da orde Bacillales, é máis complicada.
As Estafilococáceas ou Staphylococcaceae son unha familia de bacterias grampositivas entre as que se inclúe o xénero Staphylococcus, que contén un patóxeno humano clinicamente importante.