Os Acropomátidos (Acropomatidae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluída na orde Perciformes. Están distribuídos por tódolos océanos de augas temperadas do Atlántico, Índico e Pacífico.
Son peixes de tamaño xeralmente pequeno. Teñen dúas aletas dorsais, a primeira con 7 a 10 espiñas, a segunda con ou sen espiñas e 8 a 10 raios brandos; a aleta anal ten 2 ou 3 espiñas e 7-9 raios brandos; as aletas pelvianas unha espiña e 5 raios brandos; caudal furcada. No opérculo aparecen dúas espiñas redondeadas. Liña lateral completa e continua.
As especies do xénero Acropoma teñen órganos luminiscentes.
Divídense en oito xéneros e 33 especies:
Ademais dun xénero fósil extinguido: Acropomatidarum