Os Equeneidos (Echeneidae) ou rémoras son unha familia de peixes mariños incluída na ordedos Perciformes. Están distribuídas por tódolos océanos do mundo.
As rémoras caracterízanse por se adheriren a outros peixes máis grandes, tartarugas, baleas etc., practicando un comensalismo típico. Algunhas especies presentan unha gran especificidade pola especie do hóspede ó que pegan.
Actúan como limpiadores dos seus anfitrións e aliméntanse dos restos de alimento que deixan estes.
Teñen un corpo alargado, con escamas cicloides pequenas. A cabeza está aplastada e presenta na parte superior un disco elíptico, "disco de succión", dotado de entre 10 e 28 láminas ou cristas tranversais que lles permiten adherirse con forza á pel doutros animais maiores ó producir o baleiro. Probablemente esta formación evolucionou a partir dunha espiña da aleta dorsal. Boca terminal, algo súpera, coa mandíbula inferior proxectada cara diante e adiantando claramente a superior. Carecen de vexiga natatoria.
Aletas dorsal e anal opostas, posteriores e con 18-40 radios brandos, sen espiñas. As pectorais e pelvianas insírense ó mesmo nivel. Caudal fendida.
As tallas máximas chegan a 1 m de lonxitude (Echeines naucrates). A especie máis pequena só mide 17 cm.
Divídense en catro xéneros e oito especies: