A dos Taoniinos (Taoniinae) é unha subfamilia de moluscos cefalópodos da superorde dos decapodiformes, orde dos egópsidos e familia dos cranquíidos.[1]
Clasificación
A subfamilia fou descrita en 1912 polo zoólogo alemán Georg Johann Pfeffer. A taxonomía dos cefalópodos, como a de todos os moluscos está hoxe aínda en discusión.
Segundo o World Register of Marine Species a subfamilia dos taoniinos comprende os seguintes xéneros:[2]
-
Subfamilia Taoniinae Pfeffer, 1912
- Xénero Taonius Steenstrup, 1861
- Xénero Teuthowenia Chun, 1910
- Xéneros nomen dubium
- Xénero Euzygaena Chun, 1910
- Xénero Hensenioteuthis Pfeffer, 1900
- Xénero Loligopsis Lamarck, 1812
- Xénero Parateuthis Thiele, 1921
- Xénero Phasmatopsis Rochebrune, 1884
- Xénero Zygocranchia Hoyle, 1909
- Xénero Zygaenopsis Rochebrune, 1884 (inválido: homónimo junior de Zygaenopsis Felder, 1874 [Lepidoptera])
Por outra parte, segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica, para o que o gupo dos egópsidos está considerado como unha suborde (Oegopsida) da orde dos téutidos (Tuethida),[3] os xéneros da subfamilia serían:[4]
-
Subfamilia Taoniinae Pfeffer, 1912
- Xénero Bathothauma Chun, 1906
- Xénero Belonella Lane, 1957
- Xénero Egea Joubin, 1933
- Xénero Galiteuthis Joubin, 1898
- Xénero Helicocranchia Massy, 1907
- Xénero Liguriella Issel, 1908
- Xénero Megalocranchia Pfeffer, 1884
- Xénero Mesonychoteuthis Robson, 1925
- Xénero Sandalops Chun, 1906
- Xénero Taonius Steenstrup, 1861
- Xénero Teuthowenia Chun, 1910
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Voss N. A. (1980): "A generic revision of the Cranchiidae (Cephalopoda: Oegopsida)". Bulletin of Marine Science 30 (2): 365-412.
Outros artigos