A mangosta exipcia[2][3] (Herpestes ichneumon) é un mamífero omnívoro pertencente á familia dos Herpéstidos.
Pelame pardo con abundantes pintas grises. Patas curtas e o rabo moi alongado. Habita en terreos con matogueiras mestas e con zonas rochosas. Actividade diúrna, habitualmente solitario. Depreda roedores, serpes e lagartos. Tamén se pode alimentar de ovos e froitos.
Presente no sur da Península Ibérica, na Dalmacia e Africa. En Italia foi introducida a mangosta asiática nos anos da década de 1960.
A mangosta exipcia (Herpestes ichneumon) é un mamífero omnívoro pertencente á familia dos Herpéstidos.