Este artigo trata sobre unha hortaliza, para a parroquia ourensá véxase artigo Ceboliño, Ourense. Para a semente de cebola, ou cebola nova (cebolo), véxase artigo cebola.
O ceboliño[1] Allium schoenoprasum, tamén coñecido polo seu nome francés ciboulette, é unha herba da familia das aliáceas, da que se utilizan só as follas picadas como herba aromática; o seu bulbo, ten un sabor moi semellante ao da cebola común mais de menores dimensións e que non se consome (Diferéciase da cebola chinesa que é de maior dimensión, incluso chegando a duplicala en tamaño, da que se utiliza o bulbo mais non a folla).
O ceboliño é orixinario do extremo norte, as terras que hoxe forman parte do Canadá e Siberia. Introduciuse ao resto de Europa como herba de cociña e aromática, mais só raramente se naturalizou. Onde medra de xeito bravo pode acharse nos beirís dos camiños ou nas vías do camiño de ferro; acostuma atoparse deste xeito na variedade: A. schoenoprasum var. sibiricum, variedade máis robusta e alta.
O ceboliño prefire localizacións asolladas e solos húmidos, lixeiramente arxilosos. Medra dende o nivel do mar até os 2.500 msnm. É resistente ás xeadas, e resulta pouco afectado polas pestes e predadores animais, aos que repele a alicina.
Pode verse afectado por fungos fitopatóxenos como roias (Puccinia allii, Puccinia porri), Botrytis sp, e algunhas especies de fusarium, outras pragas inclúen algunhas especies de trips e larvas de coleópteros nas raíces.
Pode cultivarse a partir de semente de xeito doado, ou pola división do bulbo coas raíces logo da súa extracción. Comercialízanse só as súas follas agás no norte da Arxentina que, por mor á súa facilidade de produción, se consegue a planta completa.
O ceboliño é rico en vitamina A, B e C (da que contén até 130,5 mg por 100 gramos de herba fresca). O seu aporte proteico e lipídico é escaso, de só 27 kCal/100 g.
A alicina que contén é un potente axente antibacteriano, e pode usarse topicamente coma desinfectante e funxicida, aínda que resulta menos efectiva ca o allo e a cebola pola súa inferior concentración.
Allium schoenoprasum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 301. 1753.[2][3][4]
Allium: nome xenérico moi antigo. As plantas deste xénero eran coñecidas tanto polos romanos coma polos gregos. Porén, parece que o termo ten unha orixe celta e significa "queimar", en referencia ao forte fedor adre da planta.[5] Un dos primeiros en utilizar este nome para fins botánicos foi o naturalista francés Joseph Pitton de Tournefort (1656-1708).
schoenoprasum: epíteto
Este artigo trata sobre unha hortaliza, para a parroquia ourensá véxase artigo Ceboliño, Ourense. Para a semente de cebola, ou cebola nova (cebolo), véxase artigo cebola.
O ceboliño Allium schoenoprasum, tamén coñecido polo seu nome francés ciboulette, é unha herba da familia das aliáceas, da que se utilizan só as follas picadas como herba aromática; o seu bulbo, ten un sabor moi semellante ao da cebola común mais de menores dimensións e que non se consome (Diferéciase da cebola chinesa que é de maior dimensión, incluso chegando a duplicala en tamaño, da que se utiliza o bulbo mais non a folla).