A Lavandula angustifolia Mill. 1768, tamén chamada Lavandula vera DC. 1815 ou Lavandula officinalis Chaix 1786 é unha especie do xénero Lavandula. Varios nomes latinos que demostran o interese que lle manifestou a farmacia hai moito tempo (officinalis) e que detallan os seus aspectos morfolóxicos (angustifolia : “con follas angostas”). En galego pódese denominar lavanda [1], nome que tamén recibe todo o xénero.
A Lavandula angustifolia forma pequenas matas con sumidades floridas curtas sen ramificacións. Dado que a súa espiga floral pode ter varios aspectos tanto na súa forma como na súa cor, poderase utilizar o termo “lavanda angustifolia de poboación”.
Presenta follas opostas, simples, enteiras e pinnatífidas. Posúe inflorescencias de tipo verticilastro dispostas en pisos separados ao longo do eixo florífero, axilados por brácteas "florais", e unha coroa de brácteas que aparecen no alto da inflorescencia, cuxa función é atraer os insectos polinizadores.
As flores son de cor azul-violácea, pequenas, cun cáliz tubular, case actinomorfo, acostelado con 5 dentes curtos e un apéndice romboidal na parte superior. A corola é bilabiada, co labio superior recto, ergueito, formado por dous lóbulos. O labio inferior é trilobado. Posúen catro estames, didínamos e o ovario dividido en catro partes. O froito preséntase en tetranúcula.
A planta florea no verán e a colla das flores para uso medicinal lévase a cabo nos meses de xullo e agosto.
Esta planta é endémica da rexión mediterránea occidental e reprodúcese por sementes, é dicir, naturalmente. Non se pode atopar brava noutra parte do mundo. A Lavandula angustifolia atura ben o frío e os terreos que máis lle corresponden áchanse entre 800 metros de altitude e 1400 metros ou máis alto.
A Lavandula angustifolia na súa forma de aceite esencial serve para o tratamento de[Cómpre referencia]:
- Os insomnios (2 a 3 gotas sobre o traveseiro), a irritabilidade (difusión no ar), as dores de cabeza (masaxar as tempas), o estrés (5 a 6 gotas no baño). A Lavandula angustifolia é calmante.
- As feridas e queimaduras (1 a 2 gotas), o eccema seco (2 a 3 gotas nun cacho de algodón e pasar sobre as placas sen fretar), as escamas, as queimaduras do sol, as picadas de insectos. A Lavandula angustifolia é desinfectante e cicatrizante.
- Os arrefriados e a sinusite (1 a 2 gotas por inhalar en auga quente). A Lavandula angustifolia é antiinfeccioso.
- As dores de gorxa (1 a 2 gotas sobre unha pedra de azucre o unha culler de mel).
- As contraccións e reumatismos (fretar cunhas gotas na zona). A lavanda é relaxante e calma a dor.
- Os piollos (1 gota detrás das orellas en prevención), os parasitos intestinais (1 gota nunha pedra de azucre en cura de 3 días). A Lavandula angustifolia é antiparasitario.
Apáñanse os extremos dos talos ao principio da floración coas flores azuis ou violetas. Cando se enxuguen poden facerse moitas cousas con elas, como:
subsp. angustifolia. De Francia a Italia.
subsp. pyrenaica (DC.) Guinea, Bot. J. Linn. Soc. 65: 263 (1972). Dos Pireneos e norte de España.
A Lavandula angustifolia Mill. 1768, tamén chamada Lavandula vera DC. 1815 ou Lavandula officinalis Chaix 1786 é unha especie do xénero Lavandula. Varios nomes latinos que demostran o interese que lle manifestou a farmacia hai moito tempo (officinalis) e que detallan os seus aspectos morfolóxicos (angustifolia : “con follas angostas”). En galego pódese denominar lavanda , nome que tamén recibe todo o xénero.
A Lavandula angustifolia forma pequenas matas con sumidades floridas curtas sen ramificacións. Dado que a súa espiga floral pode ter varios aspectos tanto na súa forma como na súa cor, poderase utilizar o termo “lavanda angustifolia de poboación”.