Cancer é un xénero de crustáceos decápodos mariños, o tipo da familia dos cáncridos (Cancridae), que inclúe 8 especies viventes e 3 extintas, entre elas cangrexos tan familiares da zona litoral como Cancer pagurus, o boi[2][3][4] ou boi de Francia.
As especies do xénero Cancer caracterízanse pola presenza dunha única puga posterolateral (no bordo do cacho, cara a parte traseira), espiñas anterolaterais con fisuras profundas (no bordo do cacho, cara á rexión frontal) e unha breve extensión do cacho cara a adiante, entre os ollos.[5]
As súas pinzas son xeralmente curtas, con quillas granuladas ou lisas, non espiñentas.[5]
O cacho é tipicamente oval, e os ollos están bastante separados.[5]
O xénero Cancer comprende oito especies viventes:[6][7]
Temén se uinclúen tres especies fósiles:[5]
Como a delimitación xenérica baséase nos caracteres do cacho, Schweitzer e Feldmann non puideron confirmar a inclusión de Cancer tomowoi no xénero, xa que se conservan só partes do esterno e das patas.[5] Por outra parte, outras especies incluídas até hai pouco no xénero transferíronse a outros, como Glebocarcinus, Metacarcinus e Romaleon.[6]
Cando a nomenclatura zoolóxica foi estandarizada Carl Linnaeus en 1758 (10ª edición de Systema Naturae, o xénero Cancer incluía a case todos os crustáceos, entre eles a todos os cangrexos.[7][8]
O engorroso xénero de Linnaeus pronto foi dividido en unidades máis significativas, e Cancer restrinxiuse a un grupo de verdadeiros cangrexos por Pierre André Latreille en 1802 (Histoire naturelle, générale et particulière des Crustacés et des Insectes).[7] Latreille designou a C. pagurus como a especie tipo en 1817.[6]
En 1975 J. Dale Nations dividiu o xénero Cancer en catro subxéneros: Cancer (Cancer), Cancer (Glebocarcinus), Cancer (Metacarcinus) e Cancer (Romaleon).[7][9]
Cada un destes subxéneros agora considéranse como xéneros independentes, como tamén o é o xénero Platepistoma, erixido por Mary J. Rathbun e restaurado en 1991..[7]
Desde entón, outros xéneros se describiron para albergar especies previamente incluídas en Cancer , de xeito que hoxe contén tan só oitio especies.[7]
Os primeiros fósiles que poden atribuirse con certeza ao xénero Cancer son os de C. fujinaensis, do mioceno do Xapón.[5]
O xénero, por tanto, evolucionaría no norte do océano Pacífico, quizais durante o mioceno, e se estendería a través deste océano e do Atlántico no plioceno ou no plistoceno, cruzando a liña ecuatorial e o estreito de Panamá.[5]
Cancer é un xénero de crustáceos decápodos mariños, o tipo da familia dos cáncridos (Cancridae), que inclúe 8 especies viventes e 3 extintas, entre elas cangrexos tan familiares da zona litoral como Cancer pagurus, o boi ou boi de Francia.