dcsimg

Mandril ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O mandril[3] (Mandrillus sphinx) é un primate da familia Cercopithecidae,[4] relacionado co babuíno e máis estreitamente co dril. O seu hábitat natural atópase en Camerún, Gabón, Guinea Ecuatorial e a República do Congo. Os mandrís viven principalmente na selva tropical e nas zonas de confluencia coa sabana. Teñen unha dieta omnívora que se compón de froitas e insectos. A súa época de apareamento ten lugar dende xuño ata outubro.

Tanto o mandril coma o dril foron outrora clasificados como babuínos dentro do xénero Papio, pero investigacións recentes determinaron que deberían ser separados no seu propio xénero, Mandrillus.[4] Charles Darwin escribiu en The Descent of Man que "ningún outro membro da clase dos mamíferos está coloreado dun xeito tan extraordinario coma o está o adulto macho de mandril."[5] A especie está clasificada como vulnerable pola IUCN.

Notas

  1. Oates, J. F. & Butynski, T. M. (2008). "Mandrillus sphinx". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 4 January 2009.
  2. Linne´, Carl von (1758). Systema naturæ. Regnum animale. (10 ed.). p. 25. Consultado o 19 de novembro de 2012.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mandril.
  4. 4,0 4,1 Nowak, Ronald M (1999). The Johns Hopkins University Press, ed. Primates of the World. Baltimore, Maryland. p. 151–152. ISBN 0-8018-6251-5. Consultado o 7 de setembro de 2010.
  5. Darwin, Charles (1871). D. Appleton and Co, New York, ed. The Descent of Man, and selection in relation to sex.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Mandril: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O mandril (Mandrillus sphinx) é un primate da familia Cercopithecidae, relacionado co babuíno e máis estreitamente co dril. O seu hábitat natural atópase en Camerún, Gabón, Guinea Ecuatorial e a República do Congo. Os mandrís viven principalmente na selva tropical e nas zonas de confluencia coa sabana. Teñen unha dieta omnívora que se compón de froitas e insectos. A súa época de apareamento ten lugar dende xuño ata outubro.

Tanto o mandril coma o dril foron outrora clasificados como babuínos dentro do xénero Papio, pero investigacións recentes determinaron que deberían ser separados no seu propio xénero, Mandrillus. Charles Darwin escribiu en The Descent of Man que "ningún outro membro da clase dos mamíferos está coloreado dun xeito tan extraordinario coma o está o adulto macho de mandril." A especie está clasificada como vulnerable pola IUCN.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician