A dos reduncinos ou redunquinos[1] (Reduncinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, que comprende 2 xéneros cunhas 10 especies de pequenos antílopes africanos,[2] que son coñecidos como cobos e reduncas.
Habitan en África, en zonas pantanosas ou preto da auga.[3]
Estos antílopes apareceron por primeira vez no rexistro fósil hai 7,4 millóns de anos (MA) en Eurasia e hai 6,6 MA en África.
Os reduncinos son antílopes de tamaños variados (hainos pequenos, medianos e grandes), os máis deles de constitución pesada
Teñen os cornos ben desenvolvidos (só presentes nbos machos), curvados cara a atrásna base, despois cara a arriba e, finalmente, cara adiante nos extremos; os cornos nunca aparecern retortos, pero si anelados.
Teñen os belfos espidos.[3]
A maioría das especies viven en zonas pantanosas, ás veces mesmo debaixo da auga, en chairas aluviais, terras anegadas ou notras áreas ben irrigadas, nunca lonxe da auga, aínda que tamén algúns habitan en montes pedregosos.[4] ou preto da auga.
Todos son principalmente herbívoros.[3]
A subfamilia foi establecida en 1907 poolo zoólogo alemán Theodor Knottnerus-Meyer, na súa obra Über das Tränenbein der Huftiere: vergleichend-anatomischer Beitrag zur Systematik der rezenten Ungulata.
Segundo Wilson & Reeder en Mammals Species of rhe World (MSW), a subfamilia comprende 3 xéneros con 10 especies:
Porén, o NCBI separa o xénero Pelea,[6] coa súa especie Pelea capreolus, para a subfamilia dos Peleinae,[7] á parte de non considerar, dentro de Kobus, a especie Kobus anselli:
Nota: A posición sistemática do xénero Pelea é moi discutila. Para maior información, véxase antílope caprino, Pelea capreolus.
A dos reduncinos ou redunquinos (Reduncinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, que comprende 2 xéneros cunhas 10 especies de pequenos antílopes africanos, que son coñecidos como cobos e reduncas.
Habitan en África, en zonas pantanosas ou preto da auga.
Estos antílopes apareceron por primeira vez no rexistro fósil hai 7,4 millóns de anos (MA) en Eurasia e hai 6,6 MA en África.