dcsimg

Paíño calcamar ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

O paíño calcamar[4] ou calcamar[5] (Pelagodroma marina) é unha pequena ave mariña da familia dos paíños austrais Oceanitidae. É o único membro do xénero monotípico Pelagodroma. Inicialmente estaba encadrado na familia dos hidrobátidos, pero, cando esta foi subdividida, pasou á familia dos oceanítidos.

 src=
Un paíño calcamar fotografado en Tasmania, Australia
 src=
Un paíño calcamar fotografado no golfo de Hauraki, Nova Zelandis

Descrición

Ten unha lonxitude de 19 a 21 cm e unha envergadura de ás de 41 a 44 cm. Ten un dorso de marrón claro a gris, a rabadilla e as ás con plumas de voo negras. Pola parte inferior é branco, a diferenza doutros paíños atlánticos e ten unha face branca cunha máscara sobre os ollos negra como a dos Phalaropus. A súa plumaxe fai que sexa un dos paíños máis doados de identificar no mar.

Comportamento

É unha ave estritamente peláxica fóra da estación reprodutora, e isto, xunto co remotos que adoitan ser os seus sitios de nidación, fai que sexa unha ave difícil de ver desde terra. Só cando hai fortes tormentas esta especie pode verse empurrada a chegar a algúns promontorios. Non obstnte, existen uns poucos rexistros desta especie en Europa occidental, desde Francia a Reino Unido e Países Baixos e mesmo en Galicia é unha ave accidental[4]. Ten un voo directo planeado e golpea coas patas na superficie da auga cando recolle nela alimento planctónico. É moi gregario, pero non segue os brcos. Igual que a maioría dos paíños, a súa capacidade de camiñar en terra está limitada a unha curta marcha torpe ata a súa toqueira.

Reprodución

 src=
Ovo no Museo de Historia Natural de Roulouse (MHNT)

Reprodúcese en illas remotas do sur do Atlántico, como Tristán da Cunha e tamén en Australia e Nova Zelandia. Hai colonias no Atlántico norte nas Illas Cabo Verde, illas Canarias e illas Salvaxes. Nidifica en colonias preto do mar en buratos entre as rochas e pon un só ovo branco. Pasa o resto do ano no mar. É estritamente nocturno nos seus sitios de reprodución para evitar a predación polas gaivotas e papamerdas, e incluso evita vir a terra nos días con moito luar.

Subespecies

Recoñécense seis subespecies, que se reproducen en colonias de illas das rexións subtropicais e subantárticas do Atlántico, Índico e suroeste do Pacífico. Son:[6][7]

Status e conservación

Está moi estendido dentro da súa zona de distribución, e está incluído na Lista vermella da IUCN como "especie ameazada".

Notas

  1. "Pelagodroma marina". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
  2. Reichenbach, L. (1852). Das natürliche System der Vögel. Dresden und Leipzig. p. IV.
  3. 3,0 3,1 Latham, Joannis (1790). "Genus XCV. Procellaria". Index ornithologicus 2. Londini: Sumptibus authoris. p. 826.
  4. 4,0 4,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  5. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  6. "Pelagodroma marina (Latham, 1790)". ITIS. Consultado o 2013-07-16.
  7. "White-faced Storm Petrel". Avibase. Consultado o 2013-07-16.
  8. Murphy, Robert Cushman; Irving, Susan (1951). "A Review of the Frigate-petrels (Pelagodroma)". American Museum Novitates 1506: 1–17. hdl:2246/3964.
  9. 9,0 9,1 Mathews, Gregory M. (1912). "Genus--Pelagodroma". The Birds of Australia 2. Londres: Witherby. pp. 19–30.
  10. Bourne, W. R. P. (1953). "On the Races of the Frigate Petrel, Pelagodroma marina (Latham) with a New Race from the Cape Verde Islands". Bulletin of the British Ornithologists' Club 73 (7): 79–82.
  11. Webb, P. B.; Berthelot, S.; Moquin-Tandon, Alfred. Ornithologie canarienne. Histoire Naturelle des Îles Canaries. 2 (2). París: Bèthune. pp. 45–56.

Véxase tamén

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician

Paíño calcamar: Brief Summary ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

O paíño calcamar ou calcamar (Pelagodroma marina) é unha pequena ave mariña da familia dos paíños austrais Oceanitidae. É o único membro do xénero monotípico Pelagodroma. Inicialmente estaba encadrado na familia dos hidrobátidos, pero, cando esta foi subdividida, pasou á familia dos oceanítidos.

 src= Un paíño calcamar fotografado en Tasmania, Australia  src= Un paíño calcamar fotografado no golfo de Hauraki, Nova Zelandis
許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician