dcsimg
絲葵屬的圖片
Life » » Archaeplastida » » 木蘭綱 » » 棕榈科 »

華盛頓椰子

Washingtonia filifera (Rafarin) H. Wendl. ex de Bary

Palmeira de California ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

A palmeira de California (Washingtonia filifera) é unha especie arbórea da familia das Arecáceas. É, xunta as Phoenix canariensis e Phoenix dactylifera, unha das principais especies de palmeira que se utilizan na xardinaxe en climas mediterráneos. En Galiza plántase nalgúns xardíns costeiros tanto privados coma públicos, sendo máis frecuente nas Rías Baixas.

 src=
Detalle da folla

Distribución e hábitat

A súa orixe vén das áreas subdesérticas de California. En boas condicións para o seu crecemento, acada até os 23 metros de altura (algunhas incluso 30 m). O seu nome fai honra a George Washington, o primeiro presidente dos Estados Unidos.

As condicións ideais son os veráns calorosos, mais no inverno ten unha relativa resistencia ao frío, xa que pode aturar xeadas de curta duración de até 10 graos baixo cero.

Descrición

As súas principais características diferenciadoras a respecto do xénero Phoenix é que ten follas palmadas (ou sexa, os folíolos saen radialmente do mesmo punto no extremo do pecíolo, no canto de se dispor ao longo do raque como as barbas dunha pluma) e o toro é moito máis magro e alto (máis de 15 metros). O toro posúe pequenas marcas de fendas engurradas ou esta parcialmente cuberto por restos foliares, a súa base está enlargada. Posúe un froito elíptico ou oval, negro de 0,6 cm de diámetro.

Taxonomía

Washingtonia filifera, a palmeira de California, foi descrita por (Lindl.) H.Wendl. e publicado en Botanische Zeitung (Berlin) 37(5): 68. 1879.[2]

Etimoloxía

Washingtonia: nome xenérico que leva o nome de George Washington.

filifera: epíteto latino que significa "con fíos".[3]

Sinonimia
  • Brahea dulcis J.G.Cooper
  • Brahea filamentosa S.Watson
  • Brahea filifera (Linden ex André) W.Watson
  • Livistona filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi)
  • Neowashingtonia filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi) Sudw.
  • Neowashingtonia filifera (Linden ex André) Sudw.
  • Pritchardia filamentosa H.Wendl. ex Franceschi
  • Pritchardia filifera Linden ex André
  • Washingtonia filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi) Kuntze
  • Washingtonia filifera var. microsperma Becc.
  • Washingtonia filifera var. typica M.E.Jones[4]

Notas

Véxase tamén

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician

Palmeira de California: Brief Summary ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

A palmeira de California (Washingtonia filifera) é unha especie arbórea da familia das Arecáceas. É, xunta as Phoenix canariensis e Phoenix dactylifera, unha das principais especies de palmeira que se utilizan na xardinaxe en climas mediterráneos. En Galiza plántase nalgúns xardíns costeiros tanto privados coma públicos, sendo máis frecuente nas Rías Baixas.

 src= Detalle da folla
許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician