Matsutake (松茸?) é o nome común dun fungo micorriza que crece en Asia, Europa e América do Norte. É apreciado polos xaponeses polo seu recendo aromático a especias.[1][2]
Os matsutake crecen baixo as árbores e aliméntanse das follas caídas e outros materiais que residen no piso forestal. Tamén crea unha relación simbiótica coas raíces de varias especies de árbores.
Estes cogomelos medran comunmente en China, Xapón, Corea, Finlandia, Suecia, entre outros. No Xapón crece comunmente cerca de árbores de piñeiro vermello xaponés. No Pacífico Noroeste norteamericano atópase en bosques de coníferas sobre unha ou máis das seguintes especies: abeto de Douglas, abeto nobre, abeto vermello, Pinus lambertiana, Pinus ponderosa e Pinus contorta. En California encóntrase tamén en frondosas, incluíndo o tanoak e o érbedo.
En 1999, N. Bergius e E. Danell describiron que o Tricholoma nauseosum sueco e o matsutake xaponés era a mesma especie.[3] Con este descubrimento aumentaron as vendas do fungo desde Europa do Norte ao Xapón.
Os matsutake son difíciles de plantar polo que o seu custo é moi elevado. A produción doméstica no Xapón reduciuse na última metade do século XX pola presenza dun nemátodo de piñeiro Bursaphelenchus xylophilus. A colleita anual de matsutake no Xapón era a primeiros do século XXI menor ás mil toneladas e é reforzada con importacións de Corea, China, o Pacífico Noroeste norteamericano (Norte de California, Oregón, Washington e Columbia Británica) e Europa do Norte (Finlandia e Suecia).[4] O prezo no mercado xaponés depende bastante da calidade, da dispoñibilidade e da orixe. O matsutake xaponés ao comezo da temporada, que é o máximo, pode aumentar a $2.000 o quilogramo. Pola contra, o matsutake importado pode rondar nos $90 o quilogramo.
Matsutake (松茸?) é o nome común dun fungo micorriza que crece en Asia, Europa e América do Norte. É apreciado polos xaponeses polo seu recendo aromático a especias.