dcsimg

Homínidos ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

 src=
Diferenzas entre pares de bases de ADN dos homínidos

Os homínidos son os membros da familia taxonómica Hominidae (os "grandes simios"). Das especies actualmente presentes inclúe a:

Esta clasificación ten sido revisada varias veces nas últimas décadas, o que levou a un uso variado da palabra "homínido"[2]. O significado orixinal de Hominidae referíase tan só ao significado moderno de Hominina: os "humanos ou especies máis achegadas ca os chimpancés". O significado do termo cambiou gradualmente, ata o significado moderno de "homínido", que inclúe a tódolos grandes simios.

Un amplo número de xéneros extintos están clasificados a canda os humanos na subfamilia Homininae, mentres que outros cos orangutáns na subfamilia Ponginae. O antecesor máis recente dos Hominidae viviu hai 14 millóns de anos[3], cando os orangutáns se especiaron dos antecesores dos outros tres xéneros[4] Os devanceiros da familia Hominidae xa se tiñan especiado a partir da familia de Hylobatidae, seguramente arredor de hai 15-20 millóns de anos atrás[4][5].

Taxonomía

Historia da taxonomía

A clasificación dos grandes simios foi revisada e esbozada de novo varias veces nas últimas décadas. Esas revisións derivaron no uso da palabra "homínido" con diferentes significados. O termo orixinal "Hominidade" referíase só aos actualmente clasificados como Hominini, que son só os humanos e os seus máis achegados antecesores. O significado deste taxon cambiouse ata chegar a ser o termo que abrangue a todos os grandes simios e humanos.

Clasificación

Especies actuais

Das especies actualmente existentes, a clasificación aceptada é a clasificación das sete especies vivas en catro xéneros:

Fósiles

Ademais das actualmente presentes, hai restos fósiles de numerosas especies. Abaixo móstrase a taxonomía destas[6]

Familia Hominidae

Notas

  1. 1,0 1,1 Groves, Colin (2005). Wilson, D. E.; Reeder, D. M. eds. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press. páx. 181–184.
  2. White, Tim D; Asfaw, Berhane; Beyene, Yonas; Haile-Selassie, Yohannes; Lovejoy, C. Owen; Suwa, Gen & WoldeGabriel, Giday (2009). "Ardipithecus ramidus and the Paleobiology of Early Hominids". Science 326 (5949): 64–86. PMID 19810190. doi:10.1126/science.1175802.
  3. Andrew Hill & Steven Ward (1988). "Origin of the Hominidae: The Record of African Large Hominoid Evolution Between 14 My and 4 My". Yearbook of Physical Anthropology 31 (59): 49–83. doi:10.1002/ajpa.1330310505.
  4. 4,0 4,1 Dawkins R (2004) The Ancestor's Tale.
  5. "Query: Hominidae/Hylobatidae". Time Tree. 2009. Consultado o December 2010.
  6. Haaramo, Mikko (2005-01-14). "Hominoidea". Mikko's Phylogeny Archive.
  7. Haaramo, Mikko (2004-02-04). "Pongidae". Mikko's Phylogeny Archive.
  8. Haaramo, Mikko. "Hominoidea". Mikko's Phylogeny Archive.
  9. Haaramo, Mikko. "Hominidae". Mikko's Phylogeny Archive.
  10. Paleodb
lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Homínidos: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı
 src= Diferenzas entre pares de bases de ADN dos homínidos

Os homínidos son os membros da familia taxonómica Hominidae (os "grandes simios"). Das especies actualmente presentes inclúe a:

os humanos, con 1 especie viva os chimpancés, con 2 especies vivas os gorilas, con 2 especies vivas os orangutáns, con 2 especies vivas

Esta clasificación ten sido revisada varias veces nas últimas décadas, o que levou a un uso variado da palabra "homínido". O significado orixinal de Hominidae referíase tan só ao significado moderno de Hominina: os "humanos ou especies máis achegadas ca os chimpancés". O significado do termo cambiou gradualmente, ata o significado moderno de "homínido", que inclúe a tódolos grandes simios.

Un amplo número de xéneros extintos están clasificados a canda os humanos na subfamilia Homininae, mentres que outros cos orangutáns na subfamilia Ponginae. O antecesor máis recente dos Hominidae viviu hai 14 millóns de anos, cando os orangutáns se especiaron dos antecesores dos outros tres xéneros Os devanceiros da familia Hominidae xa se tiñan especiado a partir da familia de Hylobatidae, seguramente arredor de hai 15-20 millóns de anos atrás.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia