O Speothos venaticus é unha especie de mamífero pertencente á familia dos cánidos que vive en bosques a menos de 1700 msnm dende Costa Rica e a través de América do Sur até Paraguai e o nordés da Arxentina, no corredor verde, ó nordés de Misións (Dto.[5][6][7] Iguazú e Xeneral Belgrano).[5] A pesar desta extensa distribución é raro atopalo, debido a que é moi sensible á intervención do hábitat, estando ausente en zonas poboadas por humanos e áreas deforestadas.[8] Non habita nas espesas selvas virxes. Vive en parellas ou en pequenos grupos e delimita con ouriños o seu territorio propio. As femias marcan extrañamente superficies verticais, con frecuencia, erguidas sobre as súas mans. É a única especie viva do xénero Speothos, e evidencia xenética suxire que o seu parente mais próximo é o lobo de crina de América do Sur ou o licaón (can salvaxe africano).[9]
O Speothos venaticus é unha especie de mamífero pertencente á familia dos cánidos que vive en bosques a menos de 1700 msnm dende Costa Rica e a través de América do Sur até Paraguai e o nordés da Arxentina, no corredor verde, ó nordés de Misións (Dto. Iguazú e Xeneral Belgrano). A pesar desta extensa distribución é raro atopalo, debido a que é moi sensible á intervención do hábitat, estando ausente en zonas poboadas por humanos e áreas deforestadas. Non habita nas espesas selvas virxes. Vive en parellas ou en pequenos grupos e delimita con ouriños o seu territorio propio. As femias marcan extrañamente superficies verticais, con frecuencia, erguidas sobre as súas mans. É a única especie viva do xénero Speothos, e evidencia xenética suxire que o seu parente mais próximo é o lobo de crina de América do Sur ou o licaón (can salvaxe africano).